Mosul: distribuímos auga potable na fronte de batalla
A ofensiva contra a cidade de Mosul continúa. Mentres tanto, algunhas localidades próximas xa foron recuperadas polas forzas de seguridade iraquís. É o caso de Al Houd, onde en UNICEF conseguimos entrar e distribuír auga potable aos miles de familias que quedaron atrapadas neste conflito.
"Isto supón que durante unha
semana logramos axudar a 3.000 nenos e as súas
familias, vítimas deste terrible conflito que arrasou a
maior parte de Iraq", afirma Peter Hawkins, representante de UNICEF
neste país. "Pode parecer un logro pequeno, pero supón unha semana
de respiro para todos os nenos e as súas familias, que xasufriron demasiado".
Zainab fuxiu de Al
Houd coas súas 4 fillas 2 días antes de que chegasen asforzas de seguridade iraquís. Estiveron vivindo
baixo o control do ISIS durante 2 anos. Para esta
muller, ter acceso a auga potable e servizos de
saneamento podería marcar a diferenza entre vivir nun
campo ou volver ao seu pobo.
MOSUL: "QUERO IRME A CASA
"Quero irme acasa, coa miña familia, que as
miñas fillas volvan ao colexio, e conseguirroupa para todos", di esta nai.
Cando o ISIStomou o control do pobo, tamén se apropiou da casa de Zainab e
usouna como oficina. Durante os últimos 2 anos,
ela e as súas fillas viviron con familiares. Pero nunca sentiu a
salvo.
"Vivimos atemorizadas, famentas e
con necesidades todo o tempo. Estaba asustada polas miñas fillas
porque teño 4 nenas, e tiña medo de que llas
levasen, como fixeron noutros pobos", di mentres envolve ás súas
novas fillas co seu brazo protector.
"O meu fillo ten 6
anos, así que non llo levaron. Pero a outros mozos maioresrecrutáronos, ou se lles adestrou para serinformadores para as partes en conflito",
contaba.
MOSUL: QUe ESTAMOS a fACEr DESDE UNICEF?
Neste contexto, desde UNICEF estamos a traballar sen descanso para atender aosnenos e familias afectados pola violencia en Mosule os seus arredores. Entre as nosas accións en terreo atópanse:
- Distribución de auga e servizos de saneamento.
- Equipos de vacinación de emerxencia e de apoio psicosocial listos para chegar aos nenos nunha maior situación de vulnerabilidade.
- Planificación de espazos amigos da infancia nos campos de emerxencia establecidos para as persoas desprazadas polo conflito.
"Moitos destes nenos están en estado de shock, todo o que necesitan é un espazo seguro para xogar, aprender e crecer", conta Peter Hawkins.
MOSUL: NenOS e FAMILIAS ENFERMAN POR BEBER AugA SUCIA Do RÍO
Durante as últimas semanas,
moitos dos nenos e familias de Al Houd enfermaron
despois de verse forzados a beber auga sucia do
río.
A pesar das terribles condicións
das estradas, as cegadoras nubes de po e a proximidade da fronte de
batalla, desde UNICEF, xunto á organización WEO, distribuímos
suficientes botellas de auga como para1.500 familias por semana e kits de hixiene conbidóns, xabón e deterxente.
Agora avaliaremos as necesidades
dos nenos e familias no Al Houdpara traballar nunha solución a máis longo prazo para a
cidade.
E cada día, cada semana, imos
proporcionar auga potable, duchas e letrinas a
aqueles que máis o necesitan. Imos traballar para mellorar a vida
de nenos e familias dondequiera que o necesiten.