Pau Gasol e Imanol Arias alzan as 'Voces dos nenos en emerxencias'

UNICEF Comité Español lanza a campaña Voces dos nenos en emerxencias co obxectivo de visibilizar a terrible situación que sofren miles de nenos e nenas en diferentes países do mundo atrapados en emerxencias producidas por conflitos armados ou desastres naturais.

Os embaixadores de UNICEF Comité Español Pau Gasol e Imanol Arias uníronse esta campaña impulsada pola Unión Europea e UNICEF.

 
Nestas crises humanitarias osnenos son sempre os máisvulnerables. A maioría queda en risco de contraer enfermidades, desnutrición, explotación e abusos. Ademais moitos vense obrigados a interromper a súa educación e sofren trastornos psicolóxicos.

Todo iso leva consigo consecuencias negativas a longo prazo na súa vida e na das súas comunidades.

Para que estas situacións non caian no esquecemento a campaña propón aos usuarios deredes sociais difundir as voces dos nenos nos seus perfís.
 

Voces dos Nenos: presta a túa voz aos nenos en emerxencias

O xogador da NBAPau Gasol foi o primeiro en sumarse á campaña. Gasolprotagoniza o anuncio, no que dá voz aMichel, un neno afectado polo tifón Haiyan en Filipinas.

"A nosa escola era moi bonita, pero xa non existe. Eu quería moito a miña profesora, pero afogouse. Gustaríame volver atrás no tempo, pero non podo", di Pau Gasol para recordar a historia de Michel. "Como ninguén escoita a súa voz, decidín prestarlle a miña", conclúe Gasol.

Tamén o actorImanol Arias quixo prestar a súa voz aos nenos afectados por situacións de emerxencia. Para iso viaxa a finais de maio aos campos de refuxiados de Za'atari eAzraq, enXordania.
 
Alí coñecerá as historias dalgúns dos máis de589.000 nenos que viven neses campos tras fuxir deSirya. "Un conflito como o que están a vivir os nenos en Sirya é o peor que pode vivir un neno", asegura Imanol Arias. "Polo nivel de destrución, polo terror de perder familia e amigos en ataques indiscriminados e polo terrible trauma que vai marcar as súas vidas para sempre".

Para non esquecer eses nenos "a nosa misión non é outra máis que servir de altofalante para que o mundo os escoite", afirma o actor.

Calquera persoa podeunirse á campaña difundindo asvoces destes nenos a través das súas redes sociais. No sitio web www.vocesdelosniños.es hai fotografías, infografías, testemuños e vídeos que se poden compartir para permitir aos nenos expresar as súas opinións e contar as súas historias.

A nivelinternacional a campaña está protagonizada polo actor Ewan McGregor, Embaixador de Boa Vontade de UNICEFReino Unido. Outros embaixadores de UNICEF en Polonia, Eslovenia, Irlanda, Grecia e Italia alzaron as súas voces polos nenos en emerxencias.
 

o traballo de UNICEF e a Unión Europea en crises humanitarias

UNICEF e aDirección Xeral de Axuda Humanitaria e Protección Civil (ECHO) da Comisión Europea levan traballando máis de 20 anos xuntos para prestar asistencia humanitaria os nenos e mulleres afectados por crises humanitariasen todo o mundo.

Millóns de persoas de 55 paísesbeneficiáronse deste labor, centrado en sectores como a protección da infancia, a nutrición, a saúde, a auga, o saneamento ou a hixiene.

"Xuntos, a Unión Europea e UNICEF axudan todos os anos a millóns de nenos afectados por situacións de emerxencia", declaraKristalina Georgieva, Comisaria de Cooperación Internacional, Axuda Humanitaria e Resposta ás Crises da UE. "Pero só podemos facelo se se escoitan os temores e preocupacións, os sonos easpiracións destesnenos,".

O Director Executivo deUNICEF, Anthony Lake, recorda que "algunhas das historias de nenos en situacións de emerxencia aparecen nos titulares, pero a maioría non se escoitan nunca".

Por iso a campaña "facilita que os nenos que viven en situacións de desastre natural, conflitos e trastornos políticos poidan contar as súas propias historias como soamente eles poden facelo.

Súmate á campaña epresta a túa voz para que os nenos afectados por crises humanitarias sexan escoitados!