Por que doar para a loita contra o ébola?
- Porque a túa doazón para a loita contra o ébola pode cambiar a vida de miles de nenas e nenos orfos pola epidemia e de millóns de nenos que viven en zonas afectadas.
- Necesitamos a túa axuda para seguir proporcionando aos nenos o tratamento físico e emocional que necesitan. En Liberia estamos a axudar o goberno a formar traballadores sociais e de saúde mental. Tamén traballamos coas autoridades locais para atender aos nenos que foron rexeitados polas súas comunidades. En Serra Leoa estamos a formar máis de 2.500 superviventes do ébola - agora inmunes á enfermidade - para apoiar os nenos en corentena nos centros de tratamento. Tamén traballamos para reunir os nenos separados das súas familias. En Guinea damos apoio psicosocial a uns 60.000 nenos e familias. Para poder chegar a máis nenos necesitamos a túa doazón.
- Porque co teu donativo podemos seguir enviando kits de protección a traballadores sanitarios e familias con membros enfermos de ébola.
- Porque coa túa doazón para loitar contra a epidemia podemos seguir entregando subministracións esenciais aos países afectados polo ébola. Entregamos equipos de protección e subministracións médicas a hospitais e traballadores sanitarios. Xa fixemos chegar máis de 1.300 toneladas e mobilizado máis de 73 voos.
- Porque co teu donativo para loitar contra o ébola podemos chegar con mensaxes preventivas a máis persoas. Xa chegamos a máis de 5,5 millóns de persoas en comunidades dos tres países máis afectados con información sobre os perigos da enfermidade e sobre onde buscar axuda.
- Porque coa túa axuda poderemos seguir enviando persoal especialista de apoio. Sobre a base da nosa presenza nos países existentes en Liberia, Serra Leoa e Guinea, estamos a enviar a máis profesionais a estes países, os máis afectados polo ébola. Necesitamos despregar máis profesionais comprometidos para dar unha resposta de emerxencia ante o ébola en África Occidental.
- Porque a túa doazón pode converterse en instalacións de auga e saneamento nos centros de tratamento do ébola nos tres países máis afectos ou impulsar a formación de voluntarios sanitarios e profesores para colaborar na difusión de información que pode salvar vidas. O teu donativo tamén pode axudarnos a proporcionar servizos básicos a mulleres e nenos. Coa túa doazón podemos poñer en marcha iniciativas creativas para que os nenos das zonas máis afectadas non perdan os seus cursos escolares.
- Porque a túa doazón nos axuda a protexer os países en risco. Estamos a traballar tamén cos gobernos nos países veciños para preparalos para posibles brotes de ébola. Xa estamos a compartir información coas comunidades e desenvolvemos plans de continxencia e de abastecemento de existencias.
Fai un donativo para frear o ébola.