Primeira reunión de la Comisión de seguimento do Pacto Galego pola Infancia

Os obxectivos eran aprobar o regulamento de funcionamiento da Comisión e establecer os puntos básicos da Estratexia de Seguimento do Pacto.

pacto gallego infancia 2020

10/02/2020

A Comisión de seguimento do Pacto Galego pola infancia reuniuse por primeira vez no 2020 este luns 10 de febreiro. Dito Pacto, asinado en abril de 2019, e ao que se engadiu o Grupo Común da Esquerda en novembro do mesmo ano, ten como obxectivo poñer en marcha liñas de actuación concretas que blinden os dereitos da infancia da comunidade.

Os eixes transversais de dito documento son os recursos económicos e humanos destinados á infancia, á promoción da participación infantil, o impulso de investigacións en torno as problemáticas que afectan a nenas, nenos e adolescentes, e unha maior coordinación entre áreas e consellerías.

A comisión de seguimento do Pacto, na que participaron por parte de UNICEF Galicia, a presidenta, Myriam Garabito e Marta Andrade, acompañadas por un/unha representante de cada un dos 5 grupos parlamentarios, tivo como obxectivos:

  • Aprobar o regulamento de funcionamento da comisión.
  • Establecer os puntos básicos da estratexia de seguimento do pacto, a fin de poder realizar unha análise anual dos logros alcanzados nun informe final con indicadores de cada unha das áreas claves do documento.

Algúns dos puntos tratados en dita estratexia foron:

  1. Analizar as iniciativas parlamentarias presentadas no marco do pacto.
  2. Recadar datos sobre a evolución de indicadores sobre pobreza infantil, educación ou protección.
  3. Apoiar a implementación da Axenda 2030 en Galicia.
  4. Promover que a infancia estea máis presente na realidade parlamentaria.

Esta reunión coincide co fin da lexislatura en Galicia, polo que a aprobación desta estratexia de traballo permitirá retomar, tras a constitución do novo parlamento, un plan de traballo e uns obxectivos xa definidos e establecidos.