República Centroafricana: a violencia contra os nenos aumenta
As condicións de seguridade están a empeorar en República Centroafricana. Os recentes enfrontamentos nas rexións do norte e a zona occidental, así como un aumento significativo da violencia na capital, Bangui, están a poñer en risco o acceso da axuda humanitaria.
Seis nenos morreron e 22 resultaron feridos este mes, incluíndo dous nenos que foron asasinados tras ser acusados de espionaxe en República Centroaficana (RCA).
Dende UNICEF estamos a enviar con urxencia subministracións esenciais para miles de nenos que se viron obrigados a deixar as súas casas en República Centroafricana, mentres a violencia se incrementa e os ataques contra os traballadores humanitarios se intensifican. .
República Centroafricana: "A pesar das ameazas, Seguiremos protexendo aos nenos"
"Non imos permitir que as ameazas deteñan o traballo que facemos para protexer os nenos. "Debemos facer todo o posible por levar axuda aos nenos de República Centroafricana. Necesitan apoio de forma desesperada e están en perigo de ser esquecidos polo mundo", dixo Judith Léveillée, representante adxunta de UNICEF en República Centroafricana.
Dende UNICEF estamos a facer todo o que pode para chegar aos nenos afectados pola violencia:
- UNICEF asegurou a subministración de auga para 55.000 persoas na zona noroccidental do país, despois de proporcionar o combustible e o cloro necesarios para o funcionamento dos centros de tratamento de auga en Bossangoa e Bouar para os dous próximos meses.
- Nun momento no que se teme que a situación podería empeorar, UNICEF teñen preparadas máis subministracións de emerxencia para os nenos -incluíndo lonas, bidóns e mantas- nas súas cinco oficinas de terreo.
- O mércores, un voo chárter especial dende Noruega aterrou en Bangui con subministracións esenciais, incluíndo medicamentos para o tratamento do VIH, material para construír latrinas de emerxencia e subministracións nutricionais para nenos con desnutrición grave.
- UNICEF está a poñer en marcha 78 espazos de aprendizaxe temporais para uns 15.600 nenos que se viron forzados a fuxir das súas casas, incluíndo os puntos de conflito de Kaga Bandoro, Batangafo e Dekoa.
República Centroafricana: condiciones de trabajo cada vez más complicadas.
"Sufrimos ataques sen precedentes contra traballadores humanitarios este mes en República Centroafricana", dixo Judith Léveillée.
"Necesitamos accesos humanitarios seguros e sen impedimentos para levar axuda de emerxencia aos nenos vulnerables e ás súas familias, e facemos un chamamento ás partes en conflito para garantir o noso acceso ás persoas que o necesitan".
En toda a República Centroafricana, máis de 2,3 millóns de nenos víronse afectados pola crise dende que os intensos enfrontamentos alcanzaran Bangui o pasado decembro, obrigando case un millón de persoas a fuxir das súas casas. Case medio millón seguen estando desprazados, incluíndo as 3.000 persoas que fuxiron das súas casas durante o último estalido de violencia en Bangui.
Axuda aos nenos de República Centroafricana.