Somalia: freando o avance da polio
No norte de Somalia, vacinadores voluntarios tratan de conter un brote recente de poliomielite.
Amina Adené unha das vacinadoras. Traballa como voluntariadende hai sete anos vacinando contra a polio, pero este ano estivo especialmente ocupada.Amina recolle de madrugada as caixas das vacinas, almacenadas a baixa temperatura. Logo, cárgaas no autobús que vai facendo paradas para levar a todos os vacinadores. Xuntos, diríxense cara ao concorrido mercado do distrito deMohamed Muge, en Hargeisa, Somalia. É necesario explicar aos vendedores e á poboación en xeral os perigos da poliomielite, a facilidade con que se transmite, os seus efectos potencialmentemortais e a falta dunha cura.Antes do novo brote de polio só os nenos menores de 5 anos recibían vacinas. Agora, tras o aumento de casos, tamén se vacina os adultos.Nun día normal, Amina Aden e o seu equipo vacinan preto de 500 persoas.Amina di que adoitaba ter que suplicar á xente que se vacinara, moitos negábanse, pero pouco a pouco comezaron a entender a relación entre a vacinación e a boa saúde. "Antes, cando un neno estaba paralizado pola polio, se dicía que era unha cousa normal ou unha maldición", asegura Amina, " pero fixemos entenderque se trataba de poliomielite, e que o único xeito de facer diminuír o número de afectados é a través da vacina. "
A campaña, co apoio de UNICEF e a Organización Mundial da Saúde, deuse a coñecer na zona a través de anuncios na radio e a televisión, e grazas aos movilizadores sociais que se encargaron de persuadir a xente do campamento de desprazados deMohamed Muge.Hodan Osman Abdullahi, que leva aos seus tres fillos, contou que escoitou na radio que se deben vacinar "Traio aos meus fillos todos os meses, porque din que a polio causaminusvalidez nos nenos," comenta, " e agora vexo que tamén están a vacinar os adultos. " Ao outro lado da cidade de Hargeisa, outro equipo de vacinadores está a camiñar de casa na casa, toca portas, e asegúrase de que todo o mundo recibe as súas dúas gotas de vacina na boca. Aiyan Jama, tamén vacinador contra a polio, asegura que a miúdo se resisten, especialmente os adultos, pero unha vez que se lles dá toda a información, acceden a tomala.
SOMALIA: Éxito das campañas de vacinación
Antes do brote actual en Somalia,só un de cada cinco nenos recibía as tres dosesrecomendadas da vacina contra a polio no seu primeiro ano de vida.Dende maio de 2013 -momento en que, enMogadiscio, se dá o primeiro caso de polio visto en máis de seis anos- puxéronse en marcha distintascampañas de vacinación en Somalia. Dende entónnon se deron novos casos de polio. O éxito destas campaña débese, en boa medida, ao exército de vacinadores voluntarios que se ofrece cada mes a proporcionar vacinas de porta a porta, así como nos espazos públicos e nos puntos máis concorridos.