Sudán do Sur: chega un avión fretado por UNICEF con axuda humanitaria urxente

Esta semana aterrou no aeroporto internacional de Juba o primeiro dos dous avións fretados por UNICEF con 35 toneladas cada un de artigos de primeira necesidade para nenos e mulleres de Sudán do Sur.

 

 
O avión levaba tratamentos contra amalaria, pneumonía, diarrea e para evitar adesnutrición, así como nutrientes, vitaminas, antibióticos e analxésicos infantís.

Entre as subministracións tamén se inclúen kits cirúrxicos de obstetricia e para a atención de partos, equipos que axudarán a distribuírauga potable e saneamento, así como tendas de campaña, toldos e mantas.

O seguinte avión chegará este xoves pola mañá con máis subministracións médicas e equipos de auga e saneamento.

"Estas subministracións esenciais que salvan vidas axudarán amiles de nenos e mulleres con necesidades urxentes en Sudán do Sur", dixo Dermot Carty, director adxunto de programas de Emerxencia de UNICEF.

"Os nenos están amorrer de desnutrición e porenfermidades que poden previrse en tempos de paz, como o sarampelo e a malaria. A nosa petición máis urxente a todas as partes no conflito é que permitan que estas subministracións humanitarias sexan transportadas e distribuídos de xeito seguro aos nenos, que non teñen nada que ver con este conflito. Cada día que perdemos é un máis que fallamos aos nenos de Sudán do Sur", engadiu Carty.

A cifra dedesprazados aumentou rapidamente, e estímase quemáis de medio millón de persoas deixou os seus fogares: 494.000 permanecen dentro de Sudán do Sur, mentres que 86.000 fuxiron a países veciños (Uganda, Etiopía e Kenya).
 

Preto de70.000 destes desprazados no país están refuxiados nas bases da misión de paz de Nacións Unidas en Sudán do Sur (UNMISS). Case o 80% deles sonmulleres e nenos.
 

Sudán do Sur: o traballo de UNICEF

UNICEF e os seus aliados están a proporcionar a moitos das desprazadassubministracións e servizos básicos, comoauga potable e saneamento, alimento e nutrientespara nenos, e vacinación. Ademais, fai seguimento dos nenos separados das súas familias.

Máis de 200.000 persoas recibiron algún tipo de axuda; non obstante, en áreas onde os combates foron intensos, a axuda humanitaria chega de xeito esporádico posto que o acceso é limitado.

UNICEF e os seus aliados están a aproveitar as oportunidades de acceso que van xurdindo para que o persoal e as subministracións cheguen aos centos de miles de persoas desprazadas en moitos lugares arredor do país.