Sudán do Sur: como podes axudar os nenos?
Os nenos, unha vez máis, son os máis vulnerables:
- 50.000 nenos poderían morrer de desnutrición no que queda de ano.
- Preto dun millón de nenos menores de 5 anos necesitarán tratamento contra a desnutrición aguda grave.
- Máis de 675.000 nenos necesitarán tratamento contra a desnutrición aguda moderada.
Sudán do Sur: que podes facer para axudar?
Aínda que a situación é crítica, aínda podemos evitar a fame en Sudán do Sur. Como?
1. Fai un donativo. En UNICEF estamos a traballar para proporcionar os alimentos e o tratamento que poden salvar as vidas de moitos nenos pero necesitamos o teu apoio para poder chegar a todos. UNICEF necesita urxentemente 151,7 millóns de dólares para evitar a fame e atender as necesidades humanitarias críticas da poboación vulnerable.
2. Infórmate sobre que é unha fame, que como traballa UNICEF en Sudán do Sur e como colaborar. Na nosa web e nas nosas redes sociais compartimos información actualizada e as últimas noticias sobre Sudán do Sur.
3. Corre a voz sobre o que pasa en Sudán do Sur. Explica aos teus amigos e compañeiros a situación crítica que viven os nenos e o que supoñería unha catástrofe humanitaria como unha fame. Recorda que podes utilizar as túas redes sociais, o email e outras canles para multiplicar a mensaxe, evitar que a emerxencia se silencie e facer que todo o mundo coñeza a situación dos nenos en Sudán do Sur.