Testamento Solidario: E se puideses ser moi especial para alguén que xamais coñecerás?

Setembro é o mes da volta á rutina, á serenidade, o mes dos comezos e os bos propósitos para o novo curso,  e para moitas persoas, o mes da reflexión. É un momento perfecto para recapacitar sobre o sentido da nosa vida e a finalidade que queremos darlle ao noso futuro. Un momento ideal para pensar como deixar a nosa pegada nos demais.

 

 
Para UNICEF, ademais, é o mes doDía do Legado Solidario. Un día para lembrar que podemos seguir axudando máis aló da nosa existencia. Como? Cun xesto tan sinxelo comoincluír a UNICEF no noso testamento. Só coa nosa firmapodemos axudar a reescribir o futuro de miles de nenos que mañá necesitarán a nosa colaboración tanto ou máis que a que necesitan outros nenos agora.
 
Alfonso tomou a decisión no seu día, e hoxe a súa sobriña Teresa Magariños, de Pontevedra, reflicte no seu testemuño a xenerosidade do seu tío ao deixarnos o seu legado: 
 

TESTAMENTO SOLIDARIO: o LEGADO DE ALFONSO

Sen tempo para afrontar o falecemento do meu tío, teño que porme a traballar para dar cumprimento á súa última vontade. O seu testamento recolle varios legados a fundacións de axuda a anciáns e nenos necesitados.
 
Isto non é ningunha sorpresa para min, dado que o meu tío foi durante toda a súa vida unha persoa solidaria e comprometida e, por suposto, alégrome inmensamente de que cando levou a cabo a repartición do seu patrimonio, acordásese de incluír os legados a fundacións de axuda a uns colectivos cos que sempre se sentiu moi sensibilizado. 
 
Un dos seus legados foi para UNICEF, da que era socio e á que lle estou inmensamente agradecida pola atención e o trato que me dispensaron durante todo o proceso de entrega do legado e que resultou inmellorable para min. Do mesmo xeito que o meu tío, só desexo que o seu legado sirva para axudar a moitos nenos, para que poidan ter cubertas as súas necesidades máis básicas. Grazas a UNICEF polo seu valioso labor. 
 
Moitas grazas en nome de UNICEF a Teresa polas súas palabras, e sobre todo a Alfonso, que co seu legado permitiunosconstruír 16 pozos noutras tantasescolas, para facilitar o acceso a auga potable a case 5.000 nenos que verán mellorar a súa saúde e poderán acceder a unhaeducación que até agora estaba fóra do seu alcance. 
 
Ti tamén podes, como fixo Alfonso no seu momento, incluír a UNICEF no teu testamento e deixar algo de ti mesmo para os demais; para que miles de nenos volvan sorrir e a súa vida sexa un pouco mellor... grazas a ti.