Thailandia: violencia contra os nenos

UNICEF está profundamente preocupado pola prolongación da violencia contra os nenos nas provincias do sur de Thailandia, incluíndo o asasinato de tres nenos na provincia de Narathiwat a noite deste luns.

 

 
Segundo as informacións dos medios de comunicación tailandeses, os nenos de 3, 5 e 9 anos de idade foron asasinados a tirosfronte á súa casa por un grupo de homes armados que abriron lume contra a familia cando volvía de rezar da mesquita da aldea. O pai e a nai, que está embarazada, tamén resultaron feridos. As autoridades locais están a investigar se o incidente está relacionado co conflito narexión.

"UNICEF condena enerxicamente esteataque contra nenos inocentes", denunciou Bijaya Rajbhandari, representante de UNICEF Thailandia. "Estamos profundamente preocupados polacontinua violencia contra os nenos no extremo sur de Thailandia. Isto ten que parar. Facemos un chamamento a todas as partes para que fagan todo o posible para garantirque ningún neno sexa vítima daviolencia".

Segundo 'Deep South Watch', 62 nenosmenores de 15 anos foron asasinados e outros387 resultaron feridos dende que comezou o actual conflito en xaneiro de 2004.