Tifón Hagupit: UNICEF mobilízase para chegar aos nenos e as familias afectadas

Mentres o tifón Hagupit segue causando grandes estragos en Filipinas, UNICEF comezou a actuar rapidamente para apoiar a resposta do Goberno filipino á situación de emerxencia, distribuíndo subministracións e servizos vitais para os nenos e as mulleres nas zonas máis afectadas polos fortes ventos e as grandes chuvias provocadas polo ciclón.

As últimas estimacións do Goberno indican que máis de 1 millón de persoas están afectadas, incluídos máis de 400.000 nenos. Moitos deles encóntranse aloxados en centros de evacuación.

O
tifón Hagupit continúa avanzando e causando estragos debido ao vento, as fortes chuvias, as inundacións e os corrementos de terra. Aínda non se coñece a amplitude do seu impacto.
 

Tifón Hagupit: miles de nenos e as súas nais necesitan asistencia de emerxencia

"A rápida resposta do Goberno en materia de evacuación salvou a moitos de sufrir lesións e mesmo de morrer", dixo Lotta Sylwander, Representante de UNICEF en Filipinas. "Pero Hagupit é aínda unha grave ameaza, e debido a que miles de nenos e as súas nais necesitan urxentemente asistencia de emerxencia, UNICEF e os seus aliados están a traballar contra o reloxo para superar todos os desafíos".

A oficina de UNICEF en Tacloban, establecida despois de que pasase o supertifón Haiyan, activo o seu plan de resposta de emerxencia a semana pasada. Os seus 54 empregados encóntranse en alerta para viaxar ás zonas afectadas e levar a cabo avaliacións técnicas, e para traballar co goberno e os seus aliados na asistencia aos evacuados. Actualmente están a cargar camións con subministracións e equipos esenciais nos almacéns locais, para almacenalos como depósito preventivo nas zonas afectadas de Samar e outros lugares.

Debido a que a falta de saneamento e a auga contaminada son unha ameaza directa á saúde infantil, o restablecemento das fontes de auga existentes será unha prioridade nos días críticos despois da tormenta. UNICEF 
dispón dun depósito preventivo de subministracións nos seus almacéns en Tacloban, Manila e Cotabato, incluíndo equipos de auga e de hixiene, bombas de auga, xeradores, materiais de almacenamento de auga e plantas de tratamento.
 

Tifón Hagupit: movilízanse subministracións médicas, alimentos terapéuticos, etc

Entre os materiais de emerxencia hai que destacar tamén subministracións médicas, alimentos terapéuticos nutricionais para combater a desnutrición, sales de rehidratación oral e lonas para polo menos 12.000 familias.

O tifón Hagupit tocou terra só 13 meses despois de que o supertifón Haiyan devastase varias zonas da rexión de Visayas Oriental. Os esforzos de UNICEF centraranse en axudar aos nenos a superar os efectos da ansiedade e o medo extremo con servizos que inclúen a prestación de asistencia psicosocial.

Tamén se distribuirán tendas de campaña para establecer escolas, así como materiais de educación, para que os nenos que tiveron que ser evacuados, ou cuxas escolas se pecharon ou estean danadas pola tormenta, poidan seguir aprendendo.

"Afortunadamente, ata a data o tifón é moito menos desvastador que Haiyan, pero aínda hai case un millón de persoas, moitos dos cales aínda se están a recuperar de Haiyan, que tiveron que evacuar os seus fogares", dixo Sylwander.
"Estas persoas lograran enormes progresos na reconstrución das súas vidas nos últimos 12 meses, e agora necesitan a nosa axuda para asegurarse de que este novo desastre non arrase os progresos logrados".