Virus do ébola: a información salva vidas
Informar a poboación é esencial para conter a propagación do virus do ébola.
Por iso UNICEF, os Ministerios de Saúde e outros aliados de sete países de África Occidental están a difundir información a través demensaxes de texto a móbiles, programas deradio e televisión e campañas porta por porta."É fundamental que, agora máis que nunca, asfamilias teñan os medios e a información adecuada para protexerse e previr malentendidos", afirma Guido Borghese, asesor de UNICEF sobre supervivencia infantil e desenvolvemento en África Occidental e Central. Deste xeito evítanse "os temores e rumores infundados, que se estenden rapidamente," especialmente nun lugar onde a maioría da xente "nunca antes oíra falar do ébola". Para lograr que chegue ao maior número de persoas, esta información difúndese en mesquitas, igrexas, escolas, centros de saúde e mercados dos países afectados ou en situación de risco: Guinea, Liberia, Serra Leoa, Costa de Marfil, Senegal, Malí e Guinea Bissau.É especialmente importante a comunicación dirixida ás comunidades e traballadores sanitarios. Ademais UNICEF está a distribuír entre as persoas que están nas comunidades afectadas artigos para previr a enfermidade, comoxabón, cloro e luvas.
Información para previr o virus
En Guinea a información sobre a enfermidade difúndese a través de carteis e folletos. En Liberia estanse a enviar500.000 mensaxes de texto a teléfonos móbiles. Os programas de radio locais están a servir de plataforma para a difusión da información sobre o virus en Liberia, Serra Leoa, Senegal e Costa de Marfil. Neste último país instaláronse catro tendas de campaña, etablecidas como centros de illamento. A hixiene é básica para previr a propagación do virus, polo que UNICEF está a apoiar equipos de hixiene e mensaxes sobre prácticas de hixiene en Costa de Marfil e Malí. Así mesmo estanse a distribuír subministracións. En Guinea UNICEFrepartiu 77.400 botellas de cloro líquido, máis de300.000 pastillas de xabón, 150.000 pares deluvas, 670 pulverizadores e 1.650 quilos de hipoclorito de calcio a traballadores da saúde e as comunidades. En Liberia,se proporcionaron sete kits contra a cólera, oito tendas grandes de campaña para establecer unidades de illamento, 15.360 pezas de xabón, 725 quilos de cloro e produtos desinfectantes, 100 kits básicos de auga para as familias, 4.830 caixas de desinfectante, máis de 9.200 cubos e2.360 bidóns. Ademais, UNICEF está a subministrar ás autoridades sanitarias nacionais e locais en Serra Leoa, Costa de Marfil, Senegal e Malí equipos médicos de prevención para conter e previr o ébola.
traballase a contra o reloxo para evitar unha propagación maior
Ata agora a enfermidade cobrouse 111 vidas en Guinea e Liberia. O número de casos -sospeitosos e confirmados- en ambos os dous países alcanza os178. Ademais detectáronse outros seis casos sospeitosos en Malí. Este é o primeiro gran brote de ébola que sofre África Occidental. O virus non ten vacina nin cura. Acudir aos centros de saúde cando se producen síntomas sospeitosos "aumenta asposiblidades de supervivencia e prevén que outras persoas se infecten", declara Borghese. Por esa razón é esencial ter información, xa que "moitas máis vidas están en perigo pola falta de información ou por ter información errónea froito de rumores". Isto obriga a "traballar a contra o reloxo para evitar que se propague o virus". As mensaxes estanse a difundir tamén nos idiomas locais para chegar a máis xente e salvar vidas.UNICEF fixo un chamamento urxente de 1,2 millóns de dólares para Guinea e case 1,3 millóns de dólares para os países veciños (Liberia, Serra Leoa, Senegal, Guinea Bissau e Malí) co obxectivo de poder ofrecer produtos desinfectantes, medicamentos esenciais, subministracións vitais e apoiar a comunicación para evitar que o ébola se propague aínda máis por África Occidental.