Coñécenos: Carmen Garrigós dende Afganistán
Carmen Garrigós é a xefa do Programa contra a Polio en Afganistán. "Ola, son Carmen Garrigós, alicantina, actualmente son xefe do Programa contra a Polio en Afganistán pero levo máis de vinte anos traballando en programas en diferentes partes de África.Por que me sinto orgullosa de formar parte do equipo de UNICEF? Porque sempre penso que a tristura dos nenos nas emerxencias, temos que volvela sorrisos. Por iso síntome orgullosa de contribuír a mellorar a infancia dos nenos no mundo".
UNICEF EN AFGANISTÁN: PROGRAMA DE INMUNIZACIÓN
UNICEF está presente en Afganistán dende 1949 para promover os dereitos das mulleres e os nenos. O traballo centrouse en levar aos que máis o necesitan servizos básicos de educación, saúde, protección, auga e saneamento. A pesar de todos os obstáculos, o labor infatigable e o compromiso de persoas como Carmenproduciron resultados extraordinarios. Afganistán é un dos tres únicos países do mundo -xunto con Paquistán e Nixeria- nos que a polio é endémica. En 2010 e 2011 UNICEF e a Organización Mundial da Saúde distribuíron 50 millóns de doseda vacina contra a polio e formaron 45.000 traballadores da saúde.
As cinco provincias que
compoñen a rexión do sur do Afganistán cumpriron un ano
sen que se rexistrase ningún caso do virus dapolio, o que significa un grande avance na loita
do país contra a enfermidade.
En 2013, reportáronse un total de 14
casos confirmados de poliomielite en Afganistán, unharedución significativa en comparación cos 37 casos
de 2012 e os 80 de 2011.UNICEF, con persoas como Carmen, segue traballando para fortalecer o
sistema de inmunización e para manter os logros na erradicación da
poliomielite a longo prazo. Os nenos están mellorprotexidos contra as enfermidadesque poden previrse con vacinas.