Crise de refuxiados: o inverno, unha ameaza para miles de nenos

Desde este verán, tento imaxinarme como sería a miña vida se un día tivese que fuxir da miña casa sen saber se vou volver. Deixar as miñas cousas, os meus recordos ou os meus amigos e emprender unha longa viaxe.

Tento poñerme na pel desas persoas que teñen que saír de países arrasados pola violencia, pero non o consigo. Non logro imaxinarme na súa situación porque a realidade da crise de refuxiados supera todo o que podo tentar imaxinar.  
 
Agora o inverno achégase e en UNICEF sabemos que o frío vai complicar moito a viaxe ás miles de persoas que están a cruzar Europa para pedir refuxio nalgúns países do continente, especialmente no caso dos nenos.
 

CRISe DE REFUxIADOS: o FRÍO AUMENTA o RIScO DE HIPOTERMIAS e pNEUMONÍAS

O inverno, do mesmo xeito que a perigosa viaxe en lancha polo Mediterráneo ou as longas camiñadas a pé, non frea aos miles de refuxiados que chegan cada día e que veñen de vivir cousas infinitamente peores. Con todo, o frío pode poñer en serio risco a súa vida. 
 
As temperaturas baixo cero cada vez son máis frecuentes e aumentan as probabalididades de que os nenos sufranhipotermias durante a viaxe ou contraianenfermidades respiratorias moi perigosas como apneumonía.
 
"Ata agora, o inverno en Europa foi relativamente suave, pero iso está a cambiar. A roupa de abrigo, as bufandas, e os calcetíns para bebés non son suficientes. Estes nenos sobreviviron a guerras, adversidade e dificultades; agora necesitan estabilidade, protección e apoio", di Marie-Pierre Poirier, coordinadora especial de UNICEF para a crise de migrantes e refuxiados en Europa.
 

CRISe DE REFUxIADOS: 1 DE CADA 5 SON NenOS

Desde UNICEF xa empezamos a distribuír material para o inverno comomantas, abrigos e zapatos. Nos países de maior afluencia de refuxiados, instalamos sistemas de calefacción nos nosos espazos amigos da infancia, onde os nenos xogan e aprenden mentres os seus pais fan as súas xestións.
 
Segundo as cifras oficiais,1 de cada 5 refuxiados que chegan a Europa sonnenos. Nesta crise de refuxiados, son precisamente eles os que máis perigos corren. Os seus dereitos e as súas vidas ven constantemente ameazados durante a viaxe.
 
Non podemos esquecernos destes nenos, nin agora, nin no inverno, nin nunca. Axúdanos a lembrarlle a todo o mundo o que está a pasar!
 
Post escrito por Lara Aparicio, storyteller de UNICEF España