Deberían traballar os nenos en España?
Seguro que en canto liches esta pregunta pensaches: que tipo de pregunta é esta! Pois claro que non, un neno nunca debería traballar!
O traballo infantil ten unhas consecuencias
desvastadoras para o desenvolvemento dun neno e,
por iso, parece lóxico pensar que ninguén aceptaría unha situación
así no noso país.
E por que noutros países si? Aínda hoxe existen 168 millóns
de nenos que traballan, o que lles impide ir ao colexio,
quedando atrapados nun círculo de pobreza
infinita.
Para que nos fagamos unha idea, estamos falando de máis de
20 veces a poboación de nenos que vive no noso país.
Traballan por moitos motivos. Pero na maioría dos casos hai unha
causa que latexa detrás de todo neno ou nenas traballador:a pobreza.
Hoxe celébrase o Día Mundial contra o Traballo
Infantil e queremos recordar que a loitacontra esta problemática non pode parar. Se
continuamos ao ritmo actual, en 2020 seguirá
habendo 100 millóns de nenos traballando no
mundo.
Preocúpannos especialmente as peores formas de traballo
infantil, nas que se utiliza os nenos paratraballos forzosos en condicións deescravitude, para realizar actividades
ilícitas moitas veces relacionadas co tráfico de
drogas, como nenos soldados ou para aexplotación sexual. Actualmente 85 millóns
de nenos encóntranse encóntranse traballando nestaspenosas condicións.
DÍA CONTRA o TRABAllO INFANTIL: EN ÁFRICA SUBSAHARIANA, 1 DE CADA 4 NenOS TRABAllA
Nos países en desenvolvemento, arredor dun 13% dos
nenos son vítimas de traballo infantil. A
peor parte lévalla África subsahariana, onde1 de cada 4 nenos realizan traballos que son
perigosos para eles. O Sueste Asiático tamén
concentra un gran número de nenos traballadores, cun 12% da
poboación infantil nesta situación.
En Europa tamén se está a dar unha grave situación
de trata de persoas, cunha importante propoción de
nenos. Entre 2010 e 2012 rexistráronse máis de 30.000
vítimas de trata no vello continente. Delas, 1 de
cada 5 non chegaban á maioría de idade.
DÍA CONTRA o TRABAllO INFANTIL: UNhA TAREfA DE TODOS
É moi urxente reducir as arrepiantes cifras
de traballo infantil no mundo. Para iso,
dende UNICEF pedimos
que se sitúe os nenos no centro de todas as políticas
públicas. Esa é a única forma na que podemos frear esta
problemática e garantir os dereitos da
infancia.
Iso si, trátase dunha tarefa de todos: gobernosque asignen os recursos presupostarios necesarios para aprotección da infancia, empresarios comprometidos
cos dereitos dos nenos e unha sociedade
civil disposta a vixiar e denunciar o incumprimento
da Convención sobre os Dereitos dos
Nenos.
Ademais, se estás a ler isto e queres facer algo máis inmediato,
podes doar aquí e contribuirás á nosa loita contra o traballo
infantil.
Post escrito por Lara
Aparicio, storyteller de UNICEF Comité Español