A dura realidade dos nenos soldado en Sudán do Sur
Post de Christopher Tidey, UNICEF en Sudán do Sur.
Ring Pracido é un mozo de 23 anos, de voz suave, que emana calidez. Móstrase tranquilo e alegre. É uncantante recoñecido e director de orquestra na florecente escena de música reggae deJuba. Ring é unha estrela en pendes. Fillo dun coronel do exército de Liberación Popular de Sudán (SPLA), Ring naceu nun cuartel militar. En 1994, cando tiña 6 anos, un grupo rebeldeatacou o cuartel e secuestrouno xunto con outros nenos. Logo foi levado a un pobo lonxe da súa casa e convertido en membro do batallón dos chamados nenos rebeldes ou 'Nyony'. "Eu estaba moi asustado e molesto por ser separado da miña nai", recorda Ring. "Peronon podía mostrar medo ou tristura, porque me terían golpeado. Non tiña máis remedio que converterme nun deles".
sudán do sur: unha vida entre armas
Durante os seguintes catro anos, Ring viuse obrigado a loitar para os rebeldes, aos cales lles gustaba que os nenos fosen diante a xeito de liña de fronte de avance para combater o lume inimigo. Para cando Ring tiña 10 anosxa loitara en tres grandes batallas. "Tiña rabia e resentimento dentro porque me obrigaron a pelexar", di Ring. En 1998 Rings escapou e, finalmente, encontrou o seu camiño a casa coa súa nai e o seu pai. Non obstante, dous anos máis tarde, Ring foi recrutado novamente á forza, esta vez ás filas do SPLA, onde foi utilizado como operador de raio ata que o Programa Nacional de Desarme, Desmobilización e Reintegración (NDDRC ) asegurou a súa liberación en 2009. En esencia, Ring pasara 11 dos seus 18 anos como membro dun grupo armado.
Novos combates no estado máis novo do mundo
Parte do legado de 30 anos de conflitosen Sudán do Sur foi o recrutamento de nenos en grupos armados, tanto para loitar coma para facerfuncións de apoio (carrexadores, cociñeiros ou operadores de raio). Ata que o Acordo Xeral de Paz de 2005 (CPA) puxo fin á loita entre o SPLA e o Goberno de Sudán, os nenos foron recrutados de forma activa polo SPLA e outros grupos armados.
A independencia de Sudán do Sur en 2011 foi anunciada como o amañecer dunha nova era de paz, esperanza e oportunidade. O número de nenos recrutados foi diminuíndo de xeito constante, en parte grazas aos esforzos da NDDRC co apoio de UNICEF. A finais de 2012 uns4.000 nenos foran liberados e devolvérase ás súas familias. Agora, case tres anos despois do seu xurdimento como Estado máis novo do mundo, Sudán do Sur vive de novo unconflito violento, o desprazamento masivo e o sufrimento humano. "O que está a suceder agora é malo", di Ring. "Os nenos deben estar na escola aprendendo a pensar, non con uniformes militares aprendendo a loitar. Eu non fun á escola por estar a pelexar, e isto fixo que sexa difícil para min e para outros como eu encontrar un bo traballo na idade adulta. Deixáronnos atrás. Non obstante, tiven a sorte de saír cando o fixen, porque probablemente estaría morto agora se non o tivese feito,".
Sudán do sur: 9.000 nenos recrutados
UNICEF recibiu informes que falan dun número estimado de 9.000 nenos recrutados por forzas e grupos armados de ambas as dúas partes no conflito. O recrutamento de nenos é un tema complexo, fundamentando en gran parte na pobreza desvastadora do país. Algúns nenos proveñen de fogares en extrema pobreza onde os pais poden ver o recrutamento como unha oportunidade de que os seus fillos estean alimentados e protexidos. Por iso UNICEF e a NDDRC traballan para desarmar e desmolibizar os nenos recrutados polos grupos armados, e para darlles acceso a educación e formacióndespois da súa liberación. "Debemos a estes nenos facer todo o posible por encontralos e desmolibizalos e ofrecerlles oportunidades para a educación e a formación", di Ring. "Aqueles de nós que fomos nenos soldados só podémonos transformar a través do coñecemento. Sáquennos, perolévennos á escola". O recrutamento forzoso ou voluntario de persoas menores de 18 anos, xa sexa como membro dun exército ou dunha milicia informal, está prohibido. Produce danos inmediatos e a longo prazo -físicos e psicolóxicos- tanto neles coma nas súas comunidades, xa que perden a súa educación e crecen na cultura do conflito.