Hoxe celebramos o Día Internacional do Voluntariado

Por Carolina Guerrero Blanco, Responsable de Voluntariado UNICEF España
 
Foi en 1985 cando a Asemblea Xeral de Nacións Unidas decretou o 5 de decembro como Día Internacional do Voluntariado para o Desenvolvemento Económico e Social, aínda que para UNICEF Comité Español os voluntarios son unha peza clave dende moito antes. Xa na década de 1950 un grupo de voluntarios decidiu apoiar o noso labor.

Estas persoas crearon co paso do tempo unha asociación que, como tal, naceu en 1961. Dende entón, ovoluntariado é un dos sinais de identidade do actual Comité Español de UNICEF. Na actualidade máis do 85% do noso equipo está formado por voluntarios de diferentes idades, profesións, características...pero con algo en común: o seuenorme compromiso como defensores dosdereitos da infancia en España e en todo o mundo, e a súa motivación por transformar a sociedade e lograr cambios reais na vida dos nenos. Todos os nosos voluntarios se senten identificados coa misión e a visión de UNICEF. Mediante as accións de voluntariado, os nosos voluntarios canalizan a súa participación activa na sociedade e achegan ese valor engadido que marca a diferenza e nos permite chegar máis lonxe. No Día Internacional do Voluntariado, e todos os días, GRAZAS a todos os nosos voluntarios!