Kanouté cumpre o seu sono
Por Digna Crespo, Responsable de Deporte para o Desenvolvemento de UNICEF España
Frederic Kanouté cumpriu un dos seus sonos: inaugurar SAKINA, a Cidade dos Nenos que construíu en Bamako.
Isto foi posible, en boa medida, grazas aos fondos obtidos a través das tres edicións doChampions for Africa, evento que organiza Fundación Kanoutécon UNICEF España no que participan máis de 60 xogadores de fútbol da liga española.Sakina acaba de abrir as súas portas e xa alberga 25 nenos orfos aos que se lles proporciona saúde, protección e educación. Ao acto de inauguración acudiu o Presidente da República de Mali acompañado de varios dos seus ministros.UNICEF estivo representada grazas á presenza do representante de UNICEF en Mali e da delegación de UNICEF España. Coa inauguración de Sakina,Kanouté marcou o seu mellor gol.