O investimento na infancia debe ser un compromiso nos programas electorais

Que a infancia, os seus dereitos e o seu benestar teñan un axeitado reflexo nos programas dos partidos políticos nun ano clave, como é 2015, é un dos obxectivos que perseguimos os membros da Alianza para investir na infancia en España.

O obxectivo común de todos os que formamos parte desta Alianza é promover a aplicación da Recomendación da Comisión Europea: "Investir na infancia: romper o ciclo das desvantaxes", aprobada en 2013 pola Comisión Europea.

Esta Recomendación supón un marco para o desenvolvemento de políticas nacionais de
loita contra a pobreza infantil e promoción do benestar dos nenos e nenas, nun momento en que as cifras de pobreza e exclusión infantil están a crecer en moitos dos países europeos, moitas veces por enriba das do resto da poboación.

O pasado 15 de decembro, a Alianza celebrou un encontro en Madrid, con representantes dos diferentes partidos políticos baixo o título: O investimento na infancia nos programas electorais.

Ao encontro acudiron algúns representantes dos partidos con representación nas pasadas eleccións europeas: PSOEPodemos, Esquerda Unida, PNV, UPyD, EQUOChunta Aragonesista e Ciutadan 
´ s co fin de participar nun diálogo aberto para analizar a situación da infancia e debater acerca do investimento previsto nesta poboación de cara aos próximas eleccións autonómicas e locais.
 
 

Propostas para os programas electorais

Por parte da Alianza asistiron representantes de Aldeas Infantís SOS, CERMIEAPN España, Fundación Montessori sen Fronteiras, Fundación Secretariado Xitano, Fundación Proxecto Solidario, Fundación Save the Children España, Cruz Vermella Española, Fundación Unicef Comité-Español e Plataforma de Infancia e, como entidades invitadas, Fundación Esplai e Cáritas.

A necesidade de mellorar o diagnóstico sobre a situación da infancia, á vez da présa de actuar xa nas situacións máis urxentes; as contradicións entre as políticas europeas e nacionais de control do déficit público coa necesidade de manter e mellorar os recursos para os nenos e as súas familias; o custo persoal e económico da exclusión educativa, foron parte dos temas abordados.

O evento estruturouse en torno aos tres piares da Recomendación: recursos para os nenos e as súas familias, servizos inclusivos e de calidade, e participación infantil en torno aos cales as organizacións sociais pratearon propostas para ter en canta nos programas electorais.

Neste escenario, o presidente da Plataforma de Infancia, Carlos Martínez-Almeida Morales fixo un chamamento a favor dun
Pacto de Estado pola Infancia. Na actualidade "o investimento en infancia (que non o gasto) en España, se reduciu un 14,6% dende 2010. Invístese en infancia só un 1,4% do PIB, fronte ao 2,3% dos países do noso ámbito. A taxa de pobreza infantil é do 27% e case tres millóns de nenos e nenas do noso país encóntranse en situación de risco e exclusión social", destacou. O Pacto que formulamos dende as organizacións sociais, asentiu Martínez-Almeida, "é urxente e necesario e pretende corrixir a desigualdade.

O encontro concluíu co agradecemento por parte dos membros da Alianza aos representantes dos partidos políticos asistentes, solicitando o seu compromiso para incluír as propostas e demandas da Alianza nos seus programas electorais.