Os nenos República Democrática do Congo e o dereito á educación
Por Sonia López - UNICEF Comité País Vasco
" Mundele, mundele!" Os nenos dunha escola aos arredores de Kinshasa recíbennos coa alegría de quen deixa translucir a esperanza de dispoñer dunha escola con paredes, na que poder abeirarse os días de chuvia propios do clima tropical.
República Democrática do Congo non é un lugar doado no
que crecer. No segundo país máis pobre do mundo, o 43% da
poboación adulta non está alfabetizada e o 45% do total de nenos e
nenas que se matriculan en educación primaria acaban abandonando a
escola. Ademais, moitas familias non poden facer fronte áscotas escolares.UNICEF traballa man a man co goberno
para cambiar esta realidade. Desenvolve diferentes programas no
país, encamiñados a alcanzar a educación universal mediante a
eliminación progresiva das cotas escolares. Unha medida
imprescindible para o máis do 70% da poboación congolesa
que vive por debaixo do albor de pobreza.A estratexia de actuación de UNICEF en
República Democrática do Congo pretende, ademais, reforzar o
sistema educativo. Para iso contribúe á dotación en escolas deinfraestructuras, mobiliario e
material escolar; a formación e actualización do persoal docente; a
creación de comités de pais e nais que se involucren no proxecto
educativo e participen na co-xestión das escolas; a rehabilitación
dos centros educativos situados nas áreas máis desfavorecidas; e a
busca do apoio institucional para o rexistro e recollida de datos
que nos axude a ter un diagnóstico de situación realista e nos
permita seguir avanzando nos obxectivos marcados.
Na actualidade, o 12% das escolas do país forma parte deste
programa e os resultados xa son visibles. Durante o primeiro ano da
súa posta en marcha, nas escolas seleccionadas conseguiuse
aumentar nun 32% o número de nenos e nenas matriculados, e
situar a taxa de deserción por debaixo do 10%.
Uns resultados que nos alentan a seguir neste camiño; que
evidencian a necesidade de manter os esforzos destinados á
República Democrática do Congo para conseguir, deste modo, que os
resultados sexan sostibles no tempo e permitan consolidar os
avances educativos no país.Mundele, mundele!* Os 600 nenos dunha escola aos arredores deKinshasa despídennos dende ese espazo
aberto no que comparten profesor e aprendizaxes. Unha foto pon o
punto e á parte á nosa visita e eríxese, máis que nun recordo,
nunha motivación para seguir loitando polo dereito á educación de
todos os nenos e nenas.
*persona branca enlingala