Situación dos nenos en España: este ano toca informe de avaliación

Cando alguén se compromete a algo, convén facer seguimento sobre a súa promesa, sobre o seu grao de cumprimento dese obxectivo.

O Estado español comprometeuse en 1990, a través da firma e ratificación da Convención sobre os Dereitos do Neno, a garantir os dereitos da infancia no noso país.

Cada catro anos, aos países asinantes tócalles facer repaso e render contas ante o  Comité de Dereitos do Neno das Nacións Unidas (CDN) , sobre os avances e accións desenvolvidas e impulsadas para seguir demostrando o seu compromiso cos dereitos dos nenos e as nenas.

En 2010, o Comité recomendou ao Estado español que formulara políticas públicas para abordar o problema da pobreza infantil, que elaborase un plan de loita contra a pobreza ou que redobrase os seus esforzos para reducir a taxa de deserción escolar prematura, por mencionar só algunhas das
recomendacións.

E este ano toca revisión. En outubro o Estado presentará o seu informe de aplicación da CDN e as organizacións da sociedade civil, entre as que se encontra UNICEF
 Comité Español, presentaremos un informe complementario.

As organizacións de infancia temos a obriga de resaltar e seguir chamando a atención sobre o que creemos que non se cumpre axeitadamente. E ademais queremos que os protagonistas, os nenos, opinen, suxiran, denuncien, e elaboren o seu propio informe incluíndo as súas opinións e valoracións.

Hoxe sentímonos orgullosos, na xornada organizada polaPlataforma de Organizacións de Infancia, ao ver que moitas das accións que o Goberno mostra como avances conseguidos fronte ás recomendacións que o Comité fixo en 2010 formaron parte da nosa folla de ruta durante estes anos.

Dende 2010 ata agora, desenvolvéronse dous anteproxectos para modificar a protección da infancia, elevouse a idade para casarse ou para o consentimento sexual; producíronse algunhas melloras na coordinación entre os diferentes niveis da Administración e tamén na recompilación e acceso aos datos sobre infancia, mesmo xa existe unhaEstratexia de infancia na cooperación española.

Pero aínda queda moito por facer. En 2016 o Comité fará as súas novas recomendacións e dende UNICEF Comité Español seguiremos construíndo un camiño para cambiar a vida dos nenos, que sen dúbida irá marcado por temas como oinvestimento na infancia a loita contra apobreza infantil, a desigualdade, a educación inclusiva e de calidade e en definitiva o compromiso de Estado pola infanciade aquí e de alí, polos nenos e nenas de todos os lugares do mundo, porque a responsabilidade fronte a outros non remata nas fronteiras. Porque UNICEF naceu con este compromiso.

Post de Cristina JunqueraAdvocacy e Xestión do Coñecemento en UNICEF Comité Español