Somalia: visita aos campamentos de refuxiados en Galkayo
Por Jessica Mony e Kate Vigurs, de UNICEF Reino Unido
Despois de deixar o recinto de UNICEF en Galkayo, Somalia, desprazámonos aos campamentos de desprazados da zona. Hai moi poucas estradas asfaltadas, a maioría son camiños de terra ou grava.
Durante o camiño,Maulid Warfa, Especialista en Emerxencias de UNICEF en Somalia, coméntanos "moita xente" en Somalia ten armas". É entón cando nos decatamos da cantidade de armas que vemos a noso arredor. É un día caloroso, seco e con moito vento. Todo está cuberto de nubes de po e os nenos agrúpanse rapidamente para darnos a benvida ao chegar ao noso destino. Imos cara ao primeiro campamento, un dos 21 campos de desprazados en Galkayo, Somalia, no que viven unhas 600 persoas. Primeiro coñecemos a Ubah Nurharsi, enfermeira da clínica local de saúde materno infantil. Ela cóntanos que "moitas das persoas que chegan están desnutridas e frecuentemente sofren diarrea nos campamentos". UNICEF apoia á clínica provéndoos medicinas.
a historia de Nimco e a súa familia
Nimco Mohamed Hassam, de 25 anos, cóntanos como chegou ao campamento, xunto aos seus tres fillos pequenos. Antes vivía en Barbare Village, narexión de Bay,
distrito de Baidoia (aproximadamente a 900 kilómetros do campamento no que se encontran agora). Fómonos porque a zona non era segura e pola seca", conta. Tiveron que pedir diñeiro prestado a familiares para viaxar en coche a Galkayo. Tardaron 15 días en facer o traxecto".Levan no campamento dende finais de xuño. Cando lle preguntamos canto tempo quedarán, contesta: "Quedaremos un ano, ata que nos digan que a nosa casa é un lugar estable de novo".
O seu fillo maior ten 5 anos. O máis pequeno tan só uns meses. O mediano, de 4 anos, sofre desnutrición. Está retraído e bastante asustado. A súa nai cóntanos que o estivo a levar a un ambulatorio dealimentación terapéutica, apoiado por UNICEF, no que lle fan seguimento e onde recibe comida altamente calorífica. O seu peso era de 6,4 quilos o 27 de xuño, 7 quilos o 4 de xullo e 7,5 quilos o 11 de xullo. Aínda que o neno aínda sofre de desnutrición está a crecer cada semana, grazas ao apoio que está a recibir.
Nimco cóntanos que o único que pode permitirse é unha pequena bolsa de arroz. A miúdo ten que mendigar para comprar comida, conta.
"Ningún dos meus fillos está vacinado, pero vou levalos aos Días da saúde infantil para que os vacinen". Esta iniciativa, na que traballa UNICEF xunto á Organización Mundial da Saúde, ten como obxectivo beneficiar a 1,2 millóns de nenos en toda Somalia.
Preguntámoslle aNimco que é o que quere para os seus fillos. Contéstanos: "Quero que os meus fillos vivan. Quero que reciban educación e que teñan comida". Pola súa banda, Maulid Warfa cóntanos que este campamento cambiou dende que estivo hai dous meses: "Está moito peor, os nenos están máis desnutrir que antes".Doa para a emerxencia nutricional no Corno de África