Terremoto en Ecuador: como axudar?

Un terremoto como o de Ecuador arrásao todo ao seu paso. Á perda de vidas humanas, máis de 350 neste caso, e os feridos, máis de 2.600, únense as desfeitas en vivendas, escolas, hospitais...
 
As imaxes de destrución e dor sucédense nas redes sociais, as pantallas dos nosos televisores e as portadas dos nosos xornais. E, entón, a moitos de vós xórdevos a pregunta: como podo axudar?
 

Axuda Ecuador: a sociedade española  vólcase

A sociedade española envórcase neste tipo de catástrofes. Así o demostrou fai xa case un ano, cando un terremoto de 7,9 graos na escala de Richter esnaquizou Nepal, deixando preto de 10.000 mortos.
 
Un país que sofre un sismo destas características queda sumido no caos. Por iso, é importante lembrar que as autoridades e as organizacións humanitarias deben ser o punto focal de toda a axuda que vai chegando. Desta forma, os resultados desa axuda serán moito máis eficaces.
 

Axuda Ecuador: un país sumido no caos

Isto non significa que desde as vosas casas non poidades facer nada para axudar a Ecuador. De feito, podedes facer moito máis do que imaxinades.

  • En primeiro lugar, podedes utilizar as redes sociais para que todo o mundo saiba o que está a ocorrer nesta emerxencia e cales son as necesidades da poboación ecuatoriana. Canto máis lonxe chegue a mensaxe, máis axuda chegará.
  • Ademais, podedes colaborar coas organizacións que están a traballar en Ecuador desde as primeiras horas tras o terremoto. En UNICEF centramos a nosa resposta en axudar e protexer a nenos e familias. Se queres colaborar connosco, fai un donativo e axudarasnos a responder a esta emerxencia.
Nestes momentos, Ecuador vive coa esperanza de atopar sobreviventes baixo os cascallos. Por iso, as primeiras 72 horas son vitais nunha emerxencia. 
 
A vosa axuda, a túa axuda, é moi importante hoxe.