Terremoto en Nepal: que sente un neno?
Propoñémoste que, por un momento, imaxines que tes 20, 30 ou 40 anos menos e que volves ser un neno. É sábado pola mañá, así que non tes colexio e podes xogar a todo o que ti queiras.
Os teus pais están a almorzar na cociña mentres ti e os teus irmáns
corredes polo corredor. Antes estivestes no salón xogando a sertendeiros. Que recordos, verdade?
De súpeto, xusto cando ides baixar ao parque para saltar acámbaa e xogar ao balón
prisioneiro, o chan da túa casa empézase a mover. Todo o
edificio se cambalea. Intentas manterte de pé,
pero caes ao chan. Os teus irmáns pequenos empezan a chorar. Tesmoito medo e non entendes que pasa. Estás a vivir
o teu primeiro gran terremoto.
Os teus pais saen correndo da cociña ecóllenvos nos brazos. Baixades as escaleiras para
reunirvos na rúa co resto deveciños. Dende fóra, ves como oedificio onde vives se esborralla. Parece que vai
caer. Todo o mundo está moi
asustado.
Cando o tremor se remata, miras ao teu arredor. O
edificio segue aí, aínda que lle faltan algunhas partes. Haimoita xente chorando. Non só os nenos, tamén os
maiores. Todos están paralizados.
Pouco a pouco, comeza a facerse de noite. Queres
volver á casa a polos teus xoguetes elibros preferidos, pero os teus pais non te
deixan. Din que é perigoso.
Tes frío e fame. A túa nai busca mantas coas que
abrigarvos. Di que esta noite durmides na rúa. O
que non che di é que non será a única. A terra non deixa de
tremer; te enteiras
de que é o que chaman réplicas, nunca antes
oíras esa
palabra.
TERREMOTO EN NEPAL: volta atrás nuns segundos
Xa pasaron máis de dúas semanas dende o terremoto.
O teu pai está na estación de autobuses intentando
conseguir un billete para saír da cidade, cara a un lugar máis
seguro.
Ti estás na cola da repartición de comida coa túa
nai, preto do campamento no que vives dende o
terremoto. É entón, cando empezabas a sentirte un pouco máis
seguro, cando a terra volve tremer. Tan forte como o fixo a
primeira vez.
Cando regresas ao campamento, os teus veciños arremuíñanse arredor
do teu edificio, que se derruboupor completo. Xa non volverás nunca á túa casa, nin volverás ver as
túas cousas preferidas.
Agora só podes pensar no frío chan de plástico da tenda de
campaña na que levas durmindo tantos días e no que parece
que vas pasar moitos máis. Se polo menos puideses ir aocolexio para volver ver os teus amigos... Pero a
maioría de escolas están pechadas por perigo de
derruba.
Volves á tenda e anícaste entre as mantas. Estás
moi triste. Sénteste só, tes medo. Pechas os ollos e desexas con
todas as túas forzas que todo remate.
TERREMOTO EN NEPAL: OS NenOS NECESITAN AxUDA URxENTE
Os nenos de Nepal viviron experiencias similares a
esta nos dous terremotos que sufriuNepal en menos de tres semanas.
As historias dalgúns deles son mesmo máis
aterradoras, xa que perderon os seus familiares
máis próximos.
Estes nenos necesítante. Necesitan toda a axudaposible para recuperar a normalidade nas súas
vidas canto antes.
Se podes, doa.
Post escrito por Lara
Aparicio, storyteller de UNICEF Comité Español