Un modelo de traballo con enfoque de dereitos de infancia no ámbito municipal
Post de Pablo Suárez, coordinador de UNICEF Comité Principado de Asturias.
Asistimos á IX Aula municipal polos Dereitos da
Infancia do Principado de Asturias. Neste encontro, que
está enmarcado no vixésimo quinto aniversario daConvención sobre os Dereitos
do Neno (CDN),
participan unhas 100 persoas de 30
municipios para compartir experiencias e boas
prácticas, para reflexionar sobre os logros e desafíos notraballo con nenos e nenas, e para avanzar no
exercicio da participación infantil.
Chaman a atención tres aspectos do encontro, que se desenvolveu o 29 e 30 de abril no Centro de Servizos Universitarios de Avilés:
- A gran cantidade de iniciativas innovadoras que se están a levar a cabo co obxecto de contribuír á aplicación da CDN a escala municipal. Vallan como exemplo as Audiencias Públicas na Bisbarra Oscos-Eo, os procesos de elaboración de plans de infancia ou o proxecto de mobilidade infantil en Castrillón.
- A profesionalidade e origor co que se desenvolven as accións.
- O compromiso eentusiasmo das persoas que traballan con este enfoque de dereitos, co que están a lograr implicar veciños e comunidades enteiras.
Por suposto non podían faltar os nenos e nenas, membros
de varios consellos locais, que participan
expoñendo o seu traballo na elaboración dos plans de
infancia dos seus municipios.
PARTICIPACIÓN INFANTIL
Hoxe en día séguenos sorprendendo o que os nenos opinan,
a naturalidade con que o fan e a ilusión con que afrontan cada reto
que lles propoñemos. A participación infantil en
si mesma segue sendo unha meta a lograr para moitos
municipios.
Dende o programaCidades Amigas da Infancia (CAI), fomentamos a incorporación dos nenos a través de consellos locais para que exerzan o seu dereito a participar como cidadáns activos e comprometidos na súa comunidade. E funciona! Que llelo digan aos municipios que están a participar neste aula.
Como continuación á aula municipal ten lugar o III Encontro Autonómico de Consellos Municipais de Infancia, onde se reúnen máis de 70 nenos. Que se preparen os concellos porque van saír moitas propostas deste encontro.
Parabén a todos os municipios participantes neste aula municipal e aoObservatorio da Infancia e a Adolescencia do Principado de Asturias, por ser unha figura clave, de coordinación e liderado deste labor. Crearon un modelo de traballo municipal eficaz, con importantes resultados polos dereitos da infancia.