Actividade educativa para a aula
Dereitos e emocións
Actividade para aprender a expresar como nos fan sentir os dereitos e inxustizas
Que nos fan sentir os dereitos? Cando non se cumpren dereitos prodúcese unha inxustiza e todos sabemos cal é a sensación de inxustiza e xa o vivimos nalgún momento. Normalmente, as inxustizas fannos sentir mal, mentres que o cumprimento dos dereitos fainos sentir ben.
Nesta actividade propoñemos afondar no coñecemento dos dereitos da infancia dende unha perspectiva emocional e de empatía.
Cantas máis palabras temos para definir as nosas emocións, máis capaces somos de entendelas e expresalas e máis riqueza de emocións podemos percibir e manexar. Esta aprendizaxe é clave ao longo de toda a infancia e a adolescencia para adquirir madurez emocional e protexer a nosa saúde mental.
Inscríbete na actividade e descarga o PDF cos modelos para traballar na aula.
Guía para educadores
- Celebrar o Día Mundial da Infancia (20 de novembro).
- Estimular unha reflexión sobre os dereitos da infancia que queremos reivindicar no Día Mundial da Infancia.
- Fomentar a capacidade de expresión emocional e a empatía.
- Identificar as violacións de dereitos como inxustizas e ser quen de posicionarnos contra elas.
- Sumarse á celebración do Día Mundial da Infancia en todo o mundo, unha xornada na que toman a palabra os nenos, nenas e adolescentes.
- Documento coas fichas de situación, as listaxes de emocións e o manifesto para a aula.
- Cartel dos dereitos da infancia.
- Papel para imprimir na aula e pegamento ou outro material para fixar no papel as etiquetas das emocións.
- Material de escritura para completar o manifesto e asinalo. Tamén cores ou materiais para decorar o documento final.
Podes inscribir o teu grupo ou aula na actividade para descargar o modelo, o manifesto e o cartel dos dereitos.
1. Presentamos o caso
Dependendo do tamaño do grupo ou da aula e do tema que queiramos tratar, podemos optar por presentar un só caso e que toda a aula o traballe, ou seleccionar varios para traballar en distintos grupos. Cada ficha de caso expón a situación dun neno ou adolescente que ve perigar o cumprimento dos seus dereitos.
A aula divídese en grupos de 4 ou 5 participantes e cada grupo recibe unha copia da ficha de caso.
2. Seleccionamos e distribuímos as etiquetas de emocións e sentimentos
Ademais da ficha, cada grupo recibe unha serie de etiquetas con nomes de emocións e sentimentos. Non é necesario que todos os grupos reciban os mesmos e pódense repetir.
Cada grupo estuda o caso e asigna etiquetas a cada pregunta relacionada coa situación:
- Como pensamos que se sente a persoa que vive esa situación?
- Como nos sentimos cando coñecemos a súa situación.
- Como se sentirá esa persoa se se soluciona o seu problema.
- Como nos sentiriamos se axudásemos a esa persoa?
3. Posta en común
Unha vez rematadas as fichas, compartímolas na aula. Se todos os grupos traballaron no mesmo caso, podemos xerar unha ficha xigante que incorpore as achegas de todos os grupos. Se traballaron diferentes casos, podemos analizar que emocións comparten entre si e cales son diferentes.
Algunhas preguntas para dinamizar a actividade durante o traballo en grupo e durante a posta en común:
- En que se parecen as emocións das columnas esquerda e dereita? Son emocións semellantes ou moi diferentes? Por que cres que pasa isto? Pista para a dinamización: Os dous bloques da esquerda reflicten o punto de vista da persoa afectada e os da dereita o noso.
- En que se parecen as emocións da fila superior e da fila inferior? Son moi diferentes? Dirías que son opostas? Poderías encher as filas inferiores con antónimos das emocións das filas superiores? Pista para a dinamización. A fila superior contén as emocións suscitadas pola inxustiza e a fila inferior, as emocións que xorden da protección do dereito.
- Houbo un debate sobre algunha emoción? Por que?
- Entendemos todas as emocións que están escritas nas etiquetas? Cales non coñeciamos?
- Que etiquetas non se utilizaron? Por que? Por que non sabemos a palabra? Por que non entendemos a emoción? Por que non se aplica á situación da ficha? Incluirías algunha emoción que non estea nas etiquetas?
- Que aprendemos sobre dereitos, inxustizas e emocións?
- Como nos afecta emocionalmente o cumprimento e o incumprimento dos dereitos? Como nos afecta noutras dimensións: xurídica, social, económica, educativa, sanitaria, familiar...? Como afecta ao noso futuro?
4. Redactamos o noso manifesto
En el documento descargable que contiene las fichas y las etiquetas encontraréis también un modelo de manifiesto que podéis imprimir para expresar vuestro compromiso común con los derechos de la infancia y la adolescencia. Este manifiesto puede ser firmado por todo el grupo, leerse el Día Mundial de la Infancia y exponerse en un lugar visible para poder recordar nuestros compromisos a lo largo del año.
No documento descargable que contén as fichas e as etiquetas, atoparedes tamén un modelo de manifesto que podedes imprimir para expresar o voso compromiso común cos dereitos da infancia e a adolescencia. Este manifesto pode ser asinado por todo o grupo, lido no Día Mundial da Infancia e exposto nun lugar visible para lembrarnos os compromisos adquiridos ao longo do ano.
Esta actividade pode ser un apoio para fortalecer as competencias emocionais, lingüísticas e relacionais do noso alumnado, pero para iso debe adaptarse ao momento madurativo de cada grupo:
- Con nenos e nenas moi pequenos/as: selecciona só as etiquetas coas palabras máis sinxelas, segundo a idade do teu grupo. Non é necesario usar moitas etiquetas e os conceptos pódense repetir. O importante nesta etapa non é tanto a amplitude do vocabulario, senón comprender as diferenzas entre as propias emocións e as dos demais e o cambio de emocións en situacións negativas e positivas.
- Ao longo da Educación Primaria: pódese ampliar o rango de palabras e mesmo propoñer a invención de palabras que designen emocións mixtas e que non se reflictan nas etiquetas.
- En Educación Secundaria: pódense utilizar todas as palabras, buscar novas palabras a través de sinónimos e antónimos e mesmo introducir palabras noutras linguas que reflictan emocións e sensacións intraducibles á nosa lingua, como yuay bei (do chinés) ou sukha (do sánscrito). Nesta fase podes ampliar aínda máis a actividade, por exemplo:
- Utilizar palabras e emocións para crear contidos artísticos relacionados cos casos: poesía, cómic, ilustración...
- A través dun xogo detectivesco: un grupo crea unha historia similar aos casos propostos e enche o expediente, sen contar o caso. O resto dos grupos deben adiviñar que dereito foi vulnerado e reparado a través das etiquetas e facendo preguntas.
- Se difundides o voso traballo nas redes sociais, utilizade os hashtags #dereitoseemocións e #educadereitos para que chegue ao maior número posible de persoas.
- Facede fotos do proceso e do manifesto. Todas estas fotos axudarán a outros a coñecer esta actividade e quizais se animen a realizala.
- En cursos superiores podedes organizar un equipo de prensa que faga o seguimento da xornada e poidan escribir un post para o voso blog. Asegurádevos de que as persoas ás que fotografan dan permiso para facerlles fotos.
- Se queres que publiquemos imaxes da túa actividade nesta web, envíanos un correo electrónico a educacion@unicef.es. Encantaranos compartilas!
Todos os días do ano son días da infancia. O matiz especial que ten o 20 de novembro é que permite dar visibilidade á importancia da participación infantil na súa contorna máis próxima, na sociedade e para o desenvolvemento da humanidade. As visións, percepcións, opinións e propostas dos nenos, nenas e adolescentes son relevantes, aínda que non sempre teñan as ferramentas, competencias e canles para facerse escoitar.
O concepto de takeover (toma de control), proposto por UNICEF en todo o mundo para o 20 de novembro, baséase na idea de que sexan os nenos, nenas e adolescentes os que asuman roles de responsabilidade na súa contorna (medios de comunicación, política, empresas...) ou que aporten a súa visión sobre temas sobre os que non se lles adoita preguntar.
Estas actividades permiten aproveitar os días arredor do 20 de novembro para dar voz á infancia e fomentar o seu dereito a expresar a súa opinión e a que sexa tida en conta. Desde o punto de vista educativo, damos especial importancia á adquisición de competencias de participación e á adquisición dunha aprendizaxe significativa relacionada cos dereitos da infancia e das responsabilidades asociadas a eles. Podes seguir as iniciativas que se desenvolverán en todo o mundo este mes de novembro a través dos hashtags #WorldChildrensDay #DiaMundialDeLaInfancia e #MiEscuelaMisDerechos
Esta actividade é apta para todos os niveis educativos, realizando as adaptacións curriculares necesarias.
Obxectivos
- Recoñecer os dereitos da infancia e da adolescencia como dereitos humanos.
- Entender a importancia dos dereitos da infancia nas nosas vidas e como son inseparables do noso benestar físico, emocional e social.
- Descubrir palabras e conceptos que nos axuden a mellorar a nosa capacidade para comprender as situacións que nos rodean e como nos sentimos cara a elas.
- Contribuír ao fortalecemento do dereito á participación e á liberdade de expresión.
- Traballar en equipo ao longo do curso por uns compromisos compartidos no manifesto.
Coñecementos
- Os Dereitos da infancia.
- Emocións e sentimentos.
- Sinónimos e antónimos.
Actitudes
- Respecto pola forma en que outras persoas tratan as diferentes situacións nas súas vidas.
- Solidariedade coas persoas que viven dificultades.
- O Valor das emocións propias e alleas.
- Interese pola promoción e defensa dos dereitos da infancia.
Competencias
- Capacidade para definir e expresar emocións, sentimentos e sensacións.
- Traballo en equipo.
- Expresión verbal.
- O dereito á participación de nenos, nenas e adolescentes e a expresar a súa opinión nos asuntos que lles afectan.
- O dereito á educación, ao coñecemento dos seus dereitos e á aprendizaxe emocional.
- O dereito ao desenvolvemento e a que cada neno ou nena alcance o seu pleno potencial na vida.
- Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, especialmente o ODS nº 4 "Educación de calidade"
Material didáctico para a aula
Descarga o PDF coas fichas dos casos, as etiquetas de emocións e sentimentos e o manifesto para poder reivindicar dende a aula os dereitos dos nenos.
Consígueo enchendo este formulario
*Por que pedimos estes datos?:
Esta información axúdanos a mellorar o noso traballo:
- Os datos de contacto sobre o voso centro permítennos darvos apoio, no caso de que o necesitedes
- Os datos sobre a actividade axúdannos a saber que temas preocupan á infancia e orientan as nosas propostas.
Grazas!