Cada gota
conta
Implica a toda a comunidade educativa na campaña Gotas do teu centro
#gotasUNICEF
Gotas de solidariedade
Desde hai máis de dez anos, as carreiras de Gotas permiten a escolas, colexios e institutos unir a todas ás súas comunidades educativas na procura dun obxectivo común: mellorar o acceso a auga da infancia en todo o mundo e defender os dereitos de todos os nenos, nenas e adolescentes á saúde, a educación e a un medio ambiente saudable. Ademais, as carreiras de Gotas serviron a moitos centros educativos para poñer os seus esforzos ao servizo da axuda de emerxencia ante catástrofes humanitarias.
Unha nova forma de colaborar
O avance dixital e a crecente sensibilidade social cara a mecanismos máis rápidos e transparentes de contribución, fannos evolucionar cara a unha nova forma de colaboración que esperamos que facilite o proceso a todos os centros educativos participantes na campaña de Gotas.
FISCALIDADe
Cada familia pode desgravar a doazón realizada, se así o desexa.
En liña
Cando o centro educativo inscribe a súa carreira de Gotas e pide os dorsais, recibe unha ligazón a un formulario de doazóns personalizado para que as familias participantes podan contribuír. Esta ligazón inclúe un código único e o nome do voso centro, para que podamos saber que proveñen da vosa campaña.
Claridade
A doazón prodúcese directamente na nosa web. Isto impulsa a confianza en que a cantidade aportada efectivamente chega a destino e supón unha maior transparencia no proceso.
Seguridade
As doazóns en efectivo, incluso se o importe é baixo, poden supoñer riscos para o persoal do centro responsable de manexalos e ingresalos. Tamén pode ser incómodo para algunhas familias que os nenos e nenas leven cartos ao cole, especialmente se son pequenos.
Fiscalidade
Ao realizar a doazón de maneira directa, cada doante pode beneficiarse da desgravación correspondente.
Agradecemento
O centro non ten acceso ao detalle das doazóns, por política de protección de datos, pero si recibe información sobre a cantidade total lograda na súa campaña, así como o diploma que recoñece a participación na actividade.
Preguntas frecuentes sobre a organización das carreiras
- O centro decide a data e o lugar de celebración da proba e deseña o circuíto. Por exemplo, a semana do 22 de marzo, Día Mundial da Auga, pode ser unha data idónea, pero calquera outra é benvida.
- Cumprimenta o formulario de inscrición
- Unha vez enviado, recibirás un correo electrónico que te informará de que se iniciou o proceso de envío de dorsais e incluirá a ligazón á páxina que podes compartir coas familias para que contribúan. Posteriormente recibirás outro correo que che confirmará que xa se enviaron os dorsais.
- Importante: solicita os teus dorsais ao menos 15 días antes da carreira, para que poidan chegar a tempo.
- Preparade as propostas educativas que acompañarán á carreira. Podedes atopar información e recursos na nosa web.
- Cada participante marca un obxectivo económico individual, consensuado cos seus pais ou titores legais. A continuación busca os seus patrocinadores entre a súa familia e amigos e solicítalles unha aportación económica por cada volta ao circuíto que sexa capaz de dar para axudarlle a cubrir o seu obxectivo.
- Publicade fotos ou vídeos das actividades realizadas no blog do voso centro educativo. Recordade avisarnos para que podamos darlle difusión. Tamén podedes difundir a vosa actividade en redes sociais: #GotasUNICEF Encantaranos ter noticias da vosa carreira!
- Todos os centros participantes serán recoñecidos como Centro Colaborador da Campaña Gotas.
Si, a posibilidade de que o centro educativo recolla as doazóns en efectivo e os ingrese segue existindo. Se se segue esta vía, todo o recadado é recollido polo centro educativo que o fará chegar a UNICEF facendo un ingreso na conta do Banco Santander - IBAN: ES72-0049-1892-67-2910381058
Si, na actualidade dispoñemos doutras dúas vías para facilitar a contribución das familias nas carreiras:
- A través de doazóns SMS
- A través de Bizum
Se vos interesara esta posibilidade, podedes contactar coa oficina de UNICEF da vosa comunidade autónoma, para recibir máis información sobre se están abertas estas opcións e o modo no que podedes promocionalo.
DÚBIDAS?
Contacta connosco
Necesitas máis información sobre a inscrición, a organización dunha carreira ou a contribución a Gotas?
Se tes algunha dúbida, podes poñerte en contacto connosco en educacion@unicef.es ou a través da oficina de UNICEF en Galicia: galicia@unicef.es.