Súmate ao xogo

#MoveaTúaFicha

Vota polos que non votan. Vota pola infancia

O xogo destas eleccións

Tes a oportunidade de mover ficha e impulsar medidas para unha parte da cidadanía que non pode decidir sobre o seu futuro, os nenos e as nenas.

Queremos que te informes sobre as propostas que protexen os dereitos da infancia e a adolescencia.

Podes elixir entre…

Unha educación de calidade ou o recorte de docentes e bolsas comedor.

Vivendas alcanzables para as familias sen recursos ou mirar cara a outro lado.

Plan de protección contra a violencia infantil ou menos zonas verdes.

Investimento en psicólogos infantís ou que poñan outra rotonda.

Que está a facer UNICEF España?

Traballamos cos partidos políticos para que os nenos e nenas sexan unha prioridade nos seus programas electorais e que se cumpran todos os seus dereitos

Principais eixos das nosas propostas

A nivel municipal

Valorar, respectar e tratar xustamente a cada neno e nena

Ter en conta as voces de cada neno, nena e adolescente nas decisións que lles afectan

Garantir o acceso a servizos básicos de calidade a todos os nenos e nenas

Poñer á infancia no centro das políticas globais e dos municipios

Garantir contornas seguras e limpas a todos os nenos, nenas e adolescentes

A nivel autonómico

Loitar contra a pobreza

Fortalecer a cooperación ao desenvolvemento

Coidar a saúde mental

Garantir os dereitos da infancia na contorna dixital

Protexer á infancia

Investir en infancia

Coñece as propostas que desde UNICEF España trasladamos aos partidos políticos en cada comunidade ou cidade

Seleccione a comunidade para ver as nosas propostas a nivel autonómico ou municipal

Que podes facer ti?

Pedímosche que te unas a esta campaña facendo estas tres cousas

Dereitos de Infancia: O xogo destas eleccións

Cambia as regras e dálle protagonismo aos nenos e nenas.

É o momento de ler os programas electorais en clave de infancia.

Coñece as propostas que UNICEF España traslada aos partidos políticos.

Se tés 18 anos ou máis, vota polos que non votan.

E se es menor de 18, non te perdas esta actividade.

Nestas eleccións gaña a infancia