Paterna celebra a 'Volta a pé' a favor de Gotas para Níxer
O municipio valenciano de Paterna celebrou, xa por terceiro ano consecutivo a "Volta a pé" para difundir o traballo de UNICEF a favor da supervivencia infantil en Níxer e destinar os fondos obtidos a esta campaña.
A carreira enmárcase no programa de Festas Maiores da localidade e a participación superou os 300 atletas. A recadación final foi de 1.285 euros. Para a difusión deste evento contribuíron o Excelentísimo Concello de Paterna, a través da súa Consellería de Deportes, o Club de Atletismo Vila de Paterna, Pas aPas de la Cañada e o Club de Cárnicas Montañés, así como as empresas TROLIIbérica, JOYVI, e outras marcas comerciais.
Gotas para Níxer, pola supervivencia infantil
Gotas para Níxer é unha campaña de mobilización en apoio do programa de supervivencia infantil que UNICEF desenvolve en Níxer. Os seus principais obxectivos son:
- Promover oacceso a auga potable e a un saneamento axeitado do 60% da poboación.
- Erradicar a poliomielite eeliminar as tétanos maternas e neonatais.
- Elevar ata un40% o número de nacementos atendidos por persoal cualificado.
- Reducir o índice dedesnutrición crónicainfantil por debaixo do 25%.