Apoio de Lauro Ikastola a 'Gotas para Níxer'
Como cada ano, a ikastola vizcaina Lauro volveu celebrar o pasado 18 de marzo o Día da auga; e fíxoo con diversas actividades realizadas coa implicación de alumnado e profesorado da man de UNICEF Comité País Vasco e a proposta de Enrédache 'Gotas para Níxer'.
Para conmemorar o Día Mundial da
auga, unha semana antes de realizar a actividade deportiva e a
recadación de diñeiro para levar auga potable a 50 escolas do país
africano, os profesores de Lauro
Ikastola informaron as aulas acerca dos
obxectivos que expuña UNICEF
coa iniciativa; así mesmo, explicaron aos alumnos a
situación que viven os nenos e nenas de Níxer e as súas familias. O
18 de marzo, antes das vacacións de Semana Santa, fusionaronsolidariedade e deporte, realizando distintas
actividades, dependendo da idade e doando 1 euro por alumno que
quixese sumarse ao chamamento.
Tras o gran éxito cultivado un
ano máis coa iniciativa e habendo consegudio 1.760 euros de
recadación, o 5 de maio recibiron a visita da voluntaria de UNICEF
Comité País vasco, Elen Irazabal, quen acudiu á ikastola para falar
aos alumnos sobre o dereito á auga. E é que as
dificultades de acceso á auga potable afectan negativamente á
saúde, a nutrición e as posibilidades de desenvolvemento de 3
millóns de nenos e nenas en idade escolar en Níxer. Levando auga ás
escolas do país, pódense lograr dous obxectivos: protexer a saúde
dos estudantes e incrementar as taxas de matriculación e
permanencia na escola. Ademais, as fontes instaladas nos centros
educativos benefician a toda a comunidade ofrecendo un punto
próximo de acceso a auga potable que as familias poden usar.