1 de cada 3 nenos menores de cinco anos non existe oficialmente

Os nacementos de preto de 230 millóns de nenos menores de cinco anos nunca foron rexistrados. Esta cifra equivale a aproximadamente 1 de cada 3 nenos menores de cinco anos que nacen no mundo.

 

É a preocupante conclusión á que chega un novoinforme de UNICEFtitulado O dereito de nacemento de todos os nenos: desigualdades e tendencias no rexistro de nacementos (PDF en inglés) que mostra unha análise estatística de 161 países e presenta os últimos datos e estimacións dispoñibles por cada país sobre o rexistro de nacemento.

"O rexistro de nacemento é máis que un dereito. Mostra como a sociedade recoñece e admite a identidade e existencia dun neno. O rexistro de nacemento é tamén clave para garantir queos nenos non son esquecidos, que non se lles negan os seus dereitos ou que non quedan detrás doprogreso das súas nacións," valorou a directora executiva adxunta de UNICEF,Geeta Rao Gupta, Directora Executiva Adxunta de UNICEF.

O ano pasado, en todo o mundo, só arredor do 60% de todos os bebés nacidos foron rexistrados ao nacer. Os índices varían significativamente entre rexións, con niveis máis baixos de rexistros de nacemento en Asia meridional e África subsahariana.

Aínda cando os nenos son rexistrados, moitos non teñen uncertificado de rexistro. En África oriental e meridional, por exemplo, só a metade dos nenos rexistrados teñen un certificado de nacemento. A nivel mundial, 1 de cada 7 nenos rexistrados non posúe un certificado de nacemento. Nalgúns países, isto débese ao alto prezo das taxas; noutros, os ocertificados de nacementonon se emiten e as familias non teñen ningunha proba do rexistro.
 

NenOS NOn RExISTRADOS, NenOS SIN DEREitOS

Os nenos que non se rexistran ao nacer ou que non teñen documentos que os identifiquen adoitan quedarexcluídos do acceso á educación, saúde e seguridade social. Se os nenos son separados das súas familias por unha catástrofe natural, conflito ou como resultado da explotación, reunirlles cos seus pais é máis difícil pola ausencia de documentación oficial.

"O rexistro ao nacer e o certificado de nacemento, son vitais para permitir que un neno desenvolva todo o seu potencial (...) Pero se as sociedades fallan ao contar con eles, e nin sequera recoñecen que eles están alí, son máis vulnerables á neglixencia e ao abuso. Inevitablemente, o seu potencial verase gravemente minguado, engadiu Rao Gupta.

Os nacementos non rexistrados son un síntoma das inequidades edisparidades dunha sociedade. Os nenos máis afectados por estas inequidadesinclúen nenos de certas etnias e grupos relixiosos, nenos que viven en zonas rurais ou remotas, nenos de fogares pobres ou nenos con nais que non puideron gozar deformación formal.

Os programas de cooperación deben abordar as razóns polas que as familias non rexistran os nenos, incluíndo o alto prezo das taxas, a falta de concienciación sobre as leis ou procesos, as barreiras culturais, e o medo á discriminación oumarxinalización.
 

RAPIDSMS

UNICEF utilizaenfoques innovadores para apoiar os gobernos e comunidades a fortalecer os seus sistemas de rexistro civil e de nacemento. En Kosovo, por exemplo, o Laboratorio de Innovación de UNICEF desenvolveu un xeito eficiente, efectivo e de baixo custo para identificar e reportar os nacementos non rexistrados, baseado na plataforma móbilRapidSMS.

EnUganda, o goberno, con apoio de UNICEF e o sector privado, está a poñer en marcha unha solución chamada MobileVRS que usa a tecnoloxía móbil para completar os procedementos de rexistro de nacemento en poucos minutos, un proceso que normalmente leva meses.