1 de cada 4 nenos en zonas de conflito non vai ao colexio
Os 12 nenos que morreron nun bombardeo sobre a súa escola en Alepo non son, por desgraza, os primeiros en perder a vida mentres estudaban nun país en guerra. Ir ao colexio nalgún dos 22 países afectados por conflito no mundo converteuse en algo moi perigoso para os nenos.
En UNICEF calculamos que máis de100 millóns de nenos en idade escolar viven en
zonas de conflito. Deles, 24 millóns non van ao
colexio porque as escolas están destruídas, porque xa non
quedan profesores ou por medo a un posible ataque.
Sudán do Sur é o país con máis
nenos afectados. Nesta nova nación, que vive un grave conflito
desde hai máis de 2 anos, a metade dos nenos en
idade de primaria e secundaria non ten acceso á
educación. Séguenlle Níxer, Sudán eAfganistán onde o 47%, 41% e 40% dos nenos
respectivamente non vai á escola.
OS NenOS DE PAÍSES EN GUERRA perdéronno TODO
"Os nenos que viven enpaíses afectados por conflitos perderon os seus
fogares, os seus familiares, os seus amigos, a súa seguridade e a
súa sensación de normalidade. Agora, sen poderaprender a ler e a escribir, corren o risco de
perder o seu futuro e de non poder gozar a oportunidade decontribuír ás súas economías e sociedades cando se
convertan en persoas adultas", di a xefa de educación de UNICEF,Jo Bourne.
Nos países en
guerra, é extremadamente difícil cuantificar o número de
nenos nesta situación. Por iso, poida que as cifras non estean a
reflectir de maneira adecuada a amplitude e profundidade do
problema.
Desde UNICEF queremos dar avoz de alarma. Se non se dá prioridade á educación
en situacións de emerxencia, unha xeración de
nenos que viven en conflito crecerá sen as habilidades necesarias
para contribuír ao desenvolvemento dos seus países.
OS FONDOS PARA EDUCACIÓN EN EMERxENCIAS SON Moi ESCASOS
A educaciónsegue sendo un dos sectores menos financiados nos
chamamentos humanitarios. En Uganda, onde estamos
a proporcionar atención aos refuxiados de Sudán do
Sur, o déficit de financiamento dos servizos educativos
alcanza o 89%.
?As escolas poden protexer aos
nenos contra os traumas e os perigos
físicos que lles rodean. Cando os nenos non van á escola
corren un maior risco de ser vítimas de abuso, explotación e
recrutamento en grupos armados?, afirma Jo Bourne.
Durante os episodios de
inestabilidade e violencia, as escolas convértense en algo
máis que un lugar de aprendizaxe. En UNICEF traballamos para crear
contornas seguras onde os nenos poidan aprender e xogar para
recuperar a normalidade nas súas vidas.
A pesar destes esforzos, asrestricións de seguridade e a escaseza de fondos
están a afectar á educación e á distribución de materiais de
aprendizaxe en situacións de conflito.