1,25 millóns de nenos necesitan axuda urxente en Somalia
1,25 millóns de nenos necesitan axuda urxente no sur de Somalia e 640.000 sofren desnutrición aguda. UNICEF pide a todos os actores que convertan na súa máxima prioridade as medidas que salven as vidas dos nenos e que apoien de xeito urxente todos os esforzos realizados para chegar os nenos que o necesitan.
"Os nenos do sur de Somalia necesitan desesperadamente a nosa axuda. Moitos deles xa morreron e moitos outros están en grave perigo se non actuamos agora" asegura Rozanne Chorlton, Representante de UNICEF en Somalia. "As familias non deberían ter que abandonar as súas casas, as nais e nenos non deberían ter que facer perigosas viaxes durante días para buscar comida e auga e logo enfrontarse a unha vida incerta nos campamentos. Toda a nosa enerxía debería estar centrada en salvar vidas", engade a Representante de UNICEF en Somalia.
Resposta inmediata para salvar as vidas dos nenos
Para chegar aos nenos o máis rápido posible, UNICEF, xunto aos seus aliados, intensificou as súas operacións para usar todos os recursos dispoñibles para levar subministracións á rexión.
UNICEF fixo chegar suplementos alimenticios a 65.000 nenos nasáreas afectadas pola seca no sur de Somalia. Estas subministracións están a ser distribuídas por colaboradores no terreo. Tres voos a Mogadiscio, dous aGalkayo, e un a Baidoa, ademais de dous barcos que chegaron aMogadiscio, levaron subministracións nutricionais vitais. Estes materiais inclúen 653 toneladas dunha mestura de soia e millo, un alimento nutritivo, suficiente para alimentar máis de 65.000 nenos vulnerables, e ao redor de 230 toneladas de alimento terapéutico para tratar16.000 nenos con desnutrición severa.
A maioría destas subministracións nutricionais xa chegaron aos nenos en Mogadiscio e as rexións de Gedo, centro e sur de Juba, Bay eLowerShabelle no sur
de Somalia.UNICEF ten previsto aumentar a subministración de materiais para apoiar os 325 centros de alimentación suplementaria, 16 centros de estabilización e 201 centros de alimentación terapéutica, así como para expandir os seus servizos co fin de chegar a nenos que viven en áreas remotas.UNICEF comezará a distribuír mantas a centros de alimentación suplementaria para 150.000 fogares ao mes durante os próximos dous meses. En K-50, no centro de Shabelle, 7.000 familias desprazadas recibiron porcións de pasta de millo e soia. UNICEF tamén está a traballar cos seus aliados para subministrar tres porcións diarias de alimentos abondo para 8.000 persoas que viven nas zonas onde chegan os desprazados."Aínda que temos moitos retos, estamos a chegar aos nenos. De feito, esta semana, os nosos aliados chegaron a 3.550 nenos cunha combinación de soia e millo, e alimento terapéutico listo para consumir nas zonas máis castigadas en Qansadheere, na rexión de Bay" dixo Chorlton. Espérase que a próxima semana atraque en Mogadiscio un buque con 410 toneladas de pasta de millo e soia para 20.000 familias. O barco tamén entregará leite terapéutico e alimentos terapéuticos listos para consumir para uns 7.300 nenos severamente desnutridos.
UNICEF estima que necesitará 81,93 millóns de euros durante os próximos seis meses para facer chegar asistencia de emerxencia e preventiva aos nenos de todas as áreas afectadas pola seca no sur de Somalia.