2012: 365 días conseguindo logros para a infancia
UNICEF Comité Español presenta a súa Memoria Anual 2012, documento que este ano, por primeira vez, se presenta tamén en edición dixital, con numerosos contidos audiovisuais, entrevistas, historias de vida e a posibilidade de compartir toda a información en redes sociais.
Na Memoria Anual 2012 reflíctense os resultados do traballo da organización e moitos exemplos de como, coa axuda de persoas e entidades, se conseguen grandes logros para a infancia en todo o mundo.
"Grazas a socios e doadores, o ano pasado conseguimos42,4 millóns de euros que contribuíron aotraballo de UNICEF en máis de
150 países en desenvolvemento, a través de programas que
logran cambios reais na vida dos nenos e que perseguen socavar as
causas de raíz que manteñen millóns de familias atrapadas na
pobreza extrema", sinalou a Presidenta de UNICEF Comité Español, Consuelo
Crespo.
En dúas décadas a mortalidade infantil reduciuse máis dun 40%, un fito que se alcanza con accións como o tratamento contra a desnutrición que UNICEFproporcionou en 2012 a 1,9 millóns de nenos en65 países e a outros 2,1 millónsen situacións de emerxencia.
O conflito de Sirya provocou unha crise humanitaria que afecta a máis decatro millóns de nenos. UNICEFtraballa dentro e fóra do país para cubrir as súas necesidades de supervivencia, protección e educación. É un dos79 países nos que a organización e os seus aliados responderon a situacións humanitarias, cun traballo que logrou, por exemplo, vacinar máis de 1,4 millóns de nenos contra o sarampelo.
[]
En España, con máis de dous
millóns de nenos vivindo por debaixo do albor da
pobreza, UNICEF Comité
Español traballou en 2012 ata conseguir o compromiso de todos os
grupos parlamentarios no Congreso e do Goberno para atallar
as consecuencias da crise para a infancia. E segue
traballando para que as medidas se apliquen con
urxencia.
Tamén se pode consultar aversión completa da Memoria Anual 2012 de UNICEF Comité Español.