2013: salvando vidas, construíndo o futuro da infancia
UNICEF Comité Español presenta a súa Memoria Anual 2013, documento que por segundo ano consecutivo se presenta tamén en edición dixital, con numerosos contidos audiovisuais, entrevistas, historias de vida e a posibilidade de compartir toda a información en redes sociais.
Na Memoria Anual 2013 reflíctense os resultados do
traballo da organización e moitos exemplos de
como, coa axuda de persoas e entidades, se
conseguen grandes logros para a infancia en todo o
mundo.
"Grazas por crer enUNICEF. O éxito dacolaboración de todos supón obenestar e o desenvolvemento pleno dos nenos de todo o mundo, que son, non o esquezamos, o futuro e aesperanza de toda a Humanidade", sinalou o Presidente de UNICEF Comité Español, Carmelo Angulo.
Nesta Memoria, engade, aparecen resultados como os 47,4 millóns de eurosconseguidos en 2013, que contribuíron ao traballo deUNICEF en máis de 150 países en desenvolvemento e permitiron atender grandesemerxencias provocadas por catástrofes naturais ou conflitos armados en todo o mundo.
2013: EMERxENCIA DE FILIPINAS
A emerxencia de Filipinas, declarada en novembro
polo desvastador impacto do tifón Haiyan/Yolanda, centrou os esforzos deUNICEF durante o último tramo do ano.
Grazas á colaboración de miles de doadores en España e ao intenso
traballo da comunidade filipina, alcanzáronse notablesavances para a vida dos nenos e
das súas familias: máis de 750.000
persoas recuperaron o acceso a auga
potable e 21.600 nenos puideron volver áescola, entre outros logros.
Filipinas é un dos83 países nos que a organización e os seus aliados responderon a situacións humanitarias, cun traballo que logrou, por exemplo, vacinar contra a polio24 millóns de nenos menores de cinco anos enSirya e os países veciños.[]
En España, o labor de incidencia e
sensibilización de UNICEF Comité
Español obtivo resultados destacados a nivel político e de
mobilización social, como as 32 medidas concretas presentadas para
loitar contra a pobreza infantil, algunhas das
cales se contemplaron no Plan Nacional de Inclusión
Social, ou os novos pactos pola infanciaaprobados en Cataluña e Baleares.
Neste 2014 o comité está a traballar por construír, co conxunto da
sociedade, un Pacto de Estado
pola Infancia.
Tamén se pode consultar aversión completa da Memoria Anual 2013 deUNICEF Comité Español.