2014: declarado ano desvastador para a infancia, 15 millóns de nenos atrapados en graves conflitos
O ano 2014 levou o horror, o medo e o desespero a millóns de nenos, a medida que o agravamento dos conflitos en todo o mundo os expuxo á violencia extrema e as súas consecuencias, incrementou o seu recrutamento forzado e converteunos en brancos deliberados de guerra polos grupos armados.
Non obstante, moitas destas crises xa non chaman a atención do mundo.
"Este foi un ano desvastador para millóns de nenos", explica Anthony Lake, Director Executivo de UNICEF. "Houbo nenos asasinados mentres estudaban na aula e mentres durmían nas súas camas; nenos que quedaron orfos ou que foron secuestrados, torturados, recrutados, violados e mesmo vendidos como escravos. Nunca na historia recente tantos nenos foron sometidos a este tipo de indescritible brutalidade".

"NUNCA NA HISTORIA TANTOS NenOS FoRON SOMETIDOS A TANTA BRUTALIDADe"
Polo menos 15 millóns de nenos están atrapados en conflitos violentos na República Centroafricana, Iraq, Sudán do Sur, o Estado de Palestina, Sirya e Ucraína, incluídos os desprazados internos ou os que viven como refuxiados. A nivel mundial, estímase que 230 millóns de nenos viven na actualidade en países e zonas afectados por conflitos armados.
En 2014, centos de nenos foron secuestrados nas súas escolas ou de camiño á escola. Decenas de miles foron recrutados ou utilizados por forzas e grupos armados. En moitos lugares aumentaron os ataques á educación e os servizos de saúde e o uso das escolas con fins militares.

230 MILLóNS DE NenOS, EN ZONAS AFECTADAS POR CONFLITOS
. Na República Centroafricana, 2,3 millóns de nenos están afectados polo conflito; crese que ata 10.000 nenos foron recrutados polos grupos armados no último ano, e máis de 430 nenos foron asasinados e mutilados, tres veces máis que en 2013.
. En Gaza, 54.000 nenos quedaron sen fogar este verán como consecuencia do conflito que durou 50 días, no que tamén morreron 538 nenos e máis de 3.370 resultaron feridos.
. En Sirya, onde hai máis de 7,3 millóns de nenos afectados polo conflito, incluíndo 1,7 millóns de nenos refuxiados, as Nacións Unidas verificaron polo menos 35 ataques a escolas nos primeiros nove meses do ano, nos que morreron 105 nenos e case 300 resultaron feridos. En Iraq, onde se estima que 2,7 millóns de nenos están afectados polo conflito, cre que polo menos 700 nenos foron mutilados, asasinados ou mesmo executados este ano. En ambos os dous países, os nenos foron vítimas, testemuñas e mesmo autores dunha violencia cada vez máis brutal e extrema.
. En Sudán do Sur, estímase que 235.000 nenos menores de cinco anos sofren de desnutrición aguda grave. Case 750.000 nenos foron desprazados e máis de 320.000 están vivindo como refuxiados. De acordo cos datos verificados das Nacións Unidas, máis de 600 nenos morreron e máis de 200 foron mutilados este ano, e ao redor de 12.000 nenos están a ser utilizados polas forzas e os grupos armados.

O gran número de crise que se produciu en 2014 supuxo que moitas delas quedasen esquecidas ou non chamen suficientemente a atención do público. As crises prolongados en países como Afganistán, a República Democrática do Congo, Nixeria, Paquistán, Somalia, Sudán e Iemen seguen custando a vida a numerosos mozos e destruíndo o seu futuro.
Ébola en África: miles de nenos orfos
Este ano tamén supuxo novas ameaza graves para a saúde e o benestar da infancia, especialmente debido ao brote de ébola en Guinea, Liberia e Serra Leoa, que deixou a miles de nenos orfos e a uns 5 millóns fóra da escola.
A pesar dos enormes desafíos aos que se enfrontaron os nenos en 2014, tamén houbo esperanzas para outros millóns de nenos afectados polos conflitos e as crises.
Fronte ás restricións no acceso, a inseguridade e os problemas de financiamento, varias organizacións humanitarias como UNICEF traballaron xuntas para proporcionar aos nenos asistencia vital e outros servizos esenciais como a educación e o apoio emocional, co fin de contribuír ao seu crecemento nalgúns dos lugares máis perigosos do mundo.
. En República Centroafricana, hai unha campaña en marcha para conseguir que 662.000 nenos volvan á escola cando a seguridade o permita.
. Nos países do Oriente Medio distribuíuse case 68 millóns de dose da vacina oral contra a poliomielite para deter un brote en Iraq e Sirya.
. En Sudán do Sur, máis de 70.000 nenos recibiron tratamento contra a desnutrición grave.
. Nos países afectados polo ébola séguese traballando para combater o virus nas comunidades locais mediante o apoio aos centros de atención comunitaria e as unidades de tratamento do ébola; mediante a capacitación do persoal de saúde e as campañas de sensibilización para reducir os riscos de transmisión; e mediante o apoio aos nenos orfos a causa do ébola.

“É tristemente irónico que neste ano no que se cumpre o 25 aniversario da Convención sobre os Dereitos do Neno, cando puidemos celebrar tanto progreso para moitos nenos a nivel mundial, se violasen de xeito brutal os dereitos de tantos outros", explicou Lake.
"A violencia e o trauma fan algo máis que prexudicar aos nenos de xeito individual: menoscaban a fortaleza das sociedades. O mundo pode e debe facer máis para lograr que 2015 sexa un ano moito mellor para todos os nenos. Cada neno que crece forte, seguro, saudable e educado é un neno que pode seguir achegando cousas a si mesmo, á súa familia, á súa comunidade, á súa nación e, de feito, ao noso futuro común".