2014: un ano de logros grazas a ti

Foron un símbolo da esperanza este último inverno. Riyad, Khaled Ahmed naceron nun campamento de refuxiados sirios de Líbano no medio dunha terrible onda de frío, con temperaturas baixo cero e abundantes nevadas.

A nai dos trixemelgos non conseguiu sobrevivir ao parto e os pequenos quedaron ao cargo do seu paiSaleh. Foron dados de alta e volveron ao mesmo campamento xusto cando a tormenta invernal "Zina"
estaba no seu momento máis álxido.

 

 
Pero non o fixeron sós. Dende UNICEF, xunto á nosa ONG aliada Beyong Association, démoslles leite, sabas, mantas e un calefactor e combustible para manter a súatenda quente e seca. Ademais, garantimos que un doutor os visitase a diario para comprobar o seu estado de saúde. Os tres bebés tiñan baixo pesoKhaled era o que peor estaba dos tres.

Esta historia de loita e superación onde as haxaemocionounos e, por iso, compartímola convosco a principios de ano nas nosas redes sociais. Quixémosvola contar de novo na nosa
Memoria Anual 2014, que acabamos de lanzar na súa edición dixital. Cando estabamos a seleccionar os contidos que irían neste informe, volvémonos emocionar, aínda que esta vez para mal. Descubrimos que Khaled morrera 20 días despois de nacer.

"Cada día é unha loita, pero eu prometinlle á miña esposa quecoidaría dos nenos. Quero que Riyad e Ahmed sexangrandes e fortes, e poidan ir á escola. Sempre estarei ao seu lado", contounos Saleh.

Nós queremos o mesmo que este pai etraballamos os 365 días do ano para conseguilo. O pequeno e débil Khaled 
xa non poderá, pero coa túa axuda, coa de miles de socios, doadores e colaboradores, os seus dous irmáns si que poden saír adiante e ter unfuturo mellor.
 

2014: 46,6 MILLóNS DE EUROS  PARA o TRABAllO DE UNICEF

[]

Si se pode! En 2014 contribuímos a que se alcanzasen logros extraordinarios para a infancia: o 40% dos nenos do mundo recibiron asvacinas principais, máis de 31 millóns de persoas tiveron acceso a auga potable,2,3 millóns de nenos foron tratados contra adesnutrición aguda grave en emerxencias, máis de10.000 nenos soldado liberados...

"En 2014 dedicamos 46,6 millóns de euros aos nosos programas de cooperación e emerxencias en máis de150 países e tamén ao traballoque desenvolvemos en España", recórdanos o noso presidente Carmelo Angulo.

Contámosche todo isto, e moito máis, convídeos, entrevistas e historias de vida, na
 Memoria 2014 de UNICEF Comité Español . E o máis importante, queremos que te sintas partícipe e orgulloso de todo o que conseguimos. GRAZAS!

Tamén podes consultar a
versión completa da Memoria Anual 2014 de UNICEF Comité Español.

Post escrito por Ildefonso González, responsable de Publicacións e Fotografía de UNICEF 
Comité Español.