24 de maio: Día SOMOS
A campaña SOMOS é unha iniciativa de 35 organizacións españolas, pequenas e grandes, englobadas na Asociación Española de Fundraising (AEFr) co apoio de Bain&Company. O obxectivo principal é promover a cultura da solidariedade e agradecer os 7,5 millóns de socios regulares e doadores que hai en España a súa colaboración económica coas entidades non lucrativas.
A campaña culminará o próximo 24 de maio, Día SOMOS, data na que se invitará á sociedade española a que mostre o seu compromiso coas ONG saíndo á rúa cunha peza do revés e a que demostren que paga a pena apostar pola solidariedade. Segundo manifestou Carmen Gayo, Presidenta da AEFr "será un día de homenaxe aos socios das ONG, unha oportunidade para que conten os seus amigos e familiares cal é o motivo que lles impulsa a doar e, así, conseguir que estes elixan a súa causa e colaboren tamén". Tal e como declarou Carmen Gayo, queremos, sobre todo, dar as grazas a todas as persoas que a pesar da crise se esforzaron por manter o seu compromiso coas ONG, estamos a falar de 7,5 millóns de españois que doaron en 2012"
a Solidaridade en datos
O informe O impacto da Solidariedade realizado porBain & Company, indica que a pesar da crise, dende 2010 e ata o 2012 o número de socios de ONG en España se incrementou un 10%, chegando a 3,5 millóns de socios regulares.Eduardo Giménez, socio da firma e Director do informe destaca que "grazas aos socios, as ONG da campaña obtiveron no último ano ao redor de 400 millóns de euros para os proxectos os diferentes ámbitos de actuación"..
Apoio da sociedade
O seleccionador nacional Vicente del Bosque, o campión do Mundo de moto GP Jorge Lorenzo, a xornalista Ana Pastor, o deportistaJuanma López Iturriaga, os presentadores Christian Galvez,Carlos Sobera, Sandra Sabates e Anne Igartiburu, as actrices Macarena Gómez e Marta Etura ou os músicos Antonio Carmona e Carlos Jean son algúns dos cidadáns que quixeron demostrar o seu compromiso coas ONG e coa campaña SOMOS.Ana Pastor e Juanma López Iturriaga pediron hoxe na rolda de prensa de presentación da campaña SOMOS, que os cidadáns mostren no Día SOMOS, con orgullo, o seu apoio á solidariedade. Ambos os dous animaron os cidadáns a que saian á rúa o próximo día 24 de maio cunha peza do revés para mostrar a necesidade de cambiar as cousas, de darlle a volta ao mundo.