24 de maio: Día SOMOS
O 24 de maio celébrase o Día Somos, as organizacións queren co que recoñecer e agradecer a solidariedade de todos aqueles que non se conforman e queren actuar para cambiar realidades inxustas. "É un día de homenaxe aos que xa nos apoian e de convite para que todo aquel que queira dar a volta ás cousas, actúe e se unha a nós", afirma Carmen Gayo, Presidenta da Asociación Española de Fundraising. A idea é simple: as organizacións queren facer visible a solidariedade pedindo que o 24 de maio todo o mundo saia á rúa cunha peza ao revés.
En Madrid, Palma de Mallorca, Valladolid,Oviedo e así ata máis de 15 cidades celebrouse o Día SOMOS cunha quedada en lugares céntricos para demostrar todos xuntos que é posible dar a volta ás situacións de inxustiza e desigualdade. Esta Campaña, iniciativa de 35 ONG españolas englobadas na Asociación Española de Fundraising, e realizada coa colaboración de Bain&Company, ten como obxectivopromover o desenvolvemento dunha cultura de filantropía no noso país, destacando o compromiso dos socios e doadores que fan posible o traballo destas organizacións.A Campaña, que culmina hoxe, xerou moita actividade en Internet e redes sociais, centrada arredor da páxina web de SOMOS (www.somosasi.org), onde se convocou á xente a participar no mosaico de fotos solidario máis grande realizado ata agora, e ao que se sumaron xa máis de 5.500 persoas de todas as provincias españolas e doutros países. Ademais das QUEDADAS SOMOS, a Campaña propuxo á comunidade educativa o desenvolvemento neste mesmo día de diferentesactividades de sensibilización nos colexios, co obxectivo de fomentar os valores solidarios entre os máis novos.
APOiO de toda a sociedade
O seleccionador nacional Vicente del Bosque, o campión do Mundo de moto GP Jorge Lorenzo, a xornalista Ana Pastor, o deportistaJuanma López Iturriaga, os presentadores Christian Gálvez,Carlos Sobera, Sandra Sabatés e Anne Igartiburu, as actrices Macarena Gómez e Marta Etura, ou os músicos Antonio Carmona e Carlos Jean son algúns dos cidadáns que quixeron demostrar o seu compromiso coas ONG e coa campaña SOMOS.
Máis información en:
http://www.unicef.es/actualidad-documentacion/noticias/24-de-mayo-dia-somos