2.400 millóns de persoas carecerán de saneamento axeitado en 2015
Existe un elevado risco de non lograr a meta do Obxectivo de Desenvolvemento do MilenioAo redor de 2.400 millóns de persoas -un terzo da poboación mundial- seguirán sen ter acceso a un saneamento adecuado en 2015, segundo un informe conxunto da OMS e UNICEF.
O informe, titulado Progress onSanitation and Drinking-Water2013 Update (Actualización dos progresos en saneamento e auga potable de 2013), advirte que, ao ritmo actual de progreso, o Obxectivo de Desenvolvemento do Milenio (ODM) para2015 de reducir á metade a proporción da poboación que carecía de saneamento en 1990 non se alcanzará por un 8%, unha cifra que representa 500 millóns de persoas.
"Hai unha necesidade
urxente de garantir que todos os elementos necesarios estean no seu
lugar -o compromiso político, o financiamento e o liderado- para
que o mundo poida acelerar o progreso e alcanzar a meta de
saneamento dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio", dixoMaría Neira, Directora da OMS para a Saúde Pública e o Medio.
"O mundo pode cambiar e
transformar a vida de millóns de persoas que aínda non teñen acceso
a un saneamento básico. Os beneficios serían inmensos para a saúde,
para rematar coa pobreza na súa orixe, e para o benestar",
engade.
Faltan menos de
tres anos para chegar á data límite dos ODM, polo que a OMS e UNICEF reclaman
un último esforzo para alcanzar a meta de saneamento.
"Esta é unha situación de
emerxencia non menos terrible que un terremoto ou un tsunami", dixoSanjay Wijesekera, Xefe mundial do
Programa de Auga, Saneamento e Hixiene de UNICEF (WASH). "Todos
os días, centos de nenos morren; todos os días, miles de pais e
nais choran a morte dos seus fillos e fillas. Podemos e debemos
actuar fronte a esta traxedia humana diaria colosal".
Conclusións do informe
- Case dous terzos (64%) da poboación mundial tiña
acceso a instalacións melloradas de saneamento.
- Aproximadamente 2.500 millóns de persoas carecían de acceso a servizos de saneamento mellorados.
- En 2011, 1.000 millóns persoas aínda defecaban ao aire libre.
- A finais de 2011, o 89% da poboación mundial utilizaba unha fonte mellorada de auga potable, e o 25% tiña unha rede de auga corrente no fogar.
- Segue existindo unha disparidade notableentre os que viven nas zonas rurais e os que viven nas cidades.
Un mundo despois de 2015
- Ninguén debe defecar
ao aire libre
- Todos deben dispoñer
de auga potable, saneamento e hixiene no fogar
- Todas as escolas e
centros de saúde deben dispoñer de auga, saneamento e
hixiene
- A auga, o saneamento
e a hixiene deben ser sostibles
- As inequidades no acceso deben ser eliminadas.