25 de setembro: Champions for Africa en Sevilla
O partido solidario Champions for Africa, organizado por UNICEF España e a Fundación Kanouté, terá lugar o martes 25 de setembro no Estadio Sánchez Pizjuán de Sevilla.
Baixo o lemaXogamos en Sevilla, gañamos en África, os fondos obtidos durante este partido destinaranse aosprogramas de supervivencia infantil de UNICEF en África, onde millóns de persoas sofren as consecuencias da pobreza e das crises alimentarias e humanitarias. Pola súa banda, a Fundación Kanoutédestinará os fondos que se obteñan a finalizar as obras daCidade dos Nenos de Sakina, aos arredores de Bamako, capital de Malí e a ampliar a súa capacidade para poder albergar 100 nenos.
Champions for Africa: unha xornada inesquecible
O Presidente deUNICEF Comité Andalucía, Ricardo García, expresou a súa convicción de queo 25 de setembro sexa unha xornada inesquecible: "somos campións do Mundo e de Europa. Seremos tamén, non me cabe dúbida, campións da Solidariedade. De aí o meu chamamento a todas as persoas, institucións e empresas para que nos axuden neste novo reto".Frédéric Kanouté non faltou á cita malia encontrarse a miles de quilómetros de distancia. A través dunha intervención telefónica, afirmou que "sen a vosa axuda, sen o voso respaldo, Fundación Kanouté non tería sobrevivido. Douvos por iso as grazas e emprázovos, o 25 de setembro, para que xuntos xoguemos un importante partido; o domeu adeus ao fútbol español".Para José María del Nido, Presidente do Sevilla FC, "Frédéric Kanouté é o xogador máis importante e o que mellor folla de servizos presenta ao longo dos 107 anos de historia do noso Club. É por iso que se merece o maior dos recoñecementos e o noso particular homenaxe". O Vicepresidente do Real Betis, Pablo Gómez, asegurou que o club contribuirá en todo o que sexa necesario para que a cita sexa un éxito total. Rematou a súa intervención facendo un chamamento á afección bética para que o 25 de setembro se sume á festa solidaria.
Pola súa banda,Juan Ignacio Zoido, Alcalde deSevilla, quen presidiu o acto, manifestou o seu desexo e predisposición a que "este partido supere as expectativas, alcance os fins previstos e contribúa a favorecer algo tan importante como é a vida de miles de nenos en risco. Un risco que vai en aumento e ao que non podemos mostrarnos insensibles". O acto contou, ademais, coa participación de Ricardo García, Presidente de UNICEF Comité Andalucía; José María del Nido, Presidente do Sevilla FC;Pablo Gómez, Vicepresidente do RealBetis B eJesus Prieto, Xerente da FundaciónKanouté. Estiveron tamén presentes no Salón de Plenos do Concello unhanutrida representación do equipo de goberno municipal, así como destacadas personalidades do mundo do deporte, como o Presidente da Federación Andaluza de Fútbol e membro da Federación Española e da UEFA, Eduardo Herrera, ou o Vicepresidente da Asociación de Futbolistas Españois, Jesús Díaz Peramos. En representación da Xunta de Andalucía compareceu o Director da súa Axencia de Cooperación, Enrique Centella. Á convocatoria non faltou Juan Ignacio Gallardo, Subdirector de Marca, colaborador, un ano máis, do evento. Oficiou como mestre de cerimonias o xornalista deportivo Ramón Fuentes.
Segue o día a día doV Champions for Africaen: