4 millóns de nenos de Siria necesitan axuda para continuar a súa educación

Tras case cinco anos de crises, uns 4 millóns de nenos de entre 5 e 17 anos necesitan apoio escolar en Siria e nos países de acollida. Deles, 2,8 millóns están nunha situación especialmente grave porque non poden ir ao colexio.

 

As cifras demostran que o futurodunha xeración de nenos e novos sirios está en risco. Por iso, as organizacións que traballamos nacrise de Siria pedimos que a conferencia de doantes de Londres teña moi en conta a estes nenos.
 
En 2015, o esforzo de gobernos e organizacións permitiu que 1 millón de nenos e mozos dentro de Siria puidesen acceder a algún tipo de educación. Pero a guerra continúa sen solución á vista e os nenos sirios acumulan anos sen ir a clase. 
 

CRISe DE SIRIA: 1 DE CADA 4 ESCoLAS NOn PoDE UTILIZARSE

En Siria o asasinato, secuestro e detención de estudantes e profesores converteuse en algo habitual, igual que os ataques arbitrarios a escolas. Preto de 1 de cada 4 escolas non pode utilizarse por ser danada ou destruída, ou porque se usa como refuxio para os desprazados internos ou con fins militares. 
 
A conferencia, que se celebra o próximo 4 de febreiro, pretende recadar fondos para cubrir as necesidades inmediatas e a longo prazo dos afectados pola crise. A crise educativa que vive a rexión será un dos temas centrais do encontro. 
 
Antes da reunión, os grupos deaxuda humanitaria e as axencias de Nacións Unidas que compoñen a iniciativa No Lost Generation farán un chamamento por valor de 1.400 millóns de dólares para proporcionar apoio escolar aos4 millóns de nenos e mozos de Siria que o necesitan.
 

CRISe DE SIRIA: "DEBEMOS DAR o PASO PARA QUE TODOS OS NenOS VoLVAN á ESCoLA"

"A magnitude da crise segue aumentando para os nenos. Por iso tememos queSiria poida perder toda unha xeración de mozas", dixo Peter Salama, director rexional para Oriente Medio e África do Norte de UNICEF, a axencia que coordina a iniciativa. "En Londres debemos dar o paso para conseguir quetodos os nenos volvan á escola".
 
Por iso, enLondres vai pedir aos gobernos a que presionen máis ás partes no conflito de Siria e a quen lles apoia, para que cesen os ataques a escolas e outros lugares de aprendizaxe, de acordo co Dereito Internacional Humanitario.
 
Ti tamén podesaxudar aos nenos de Siria. Se podes, doa