70 aniversario de Nacións Unidas: celébrao connosco no Centro Conde Duque

Nacións Unidas está de aniversario. Cúmprense nin máis nin menos que 70 anos desde que se creou esta organización internacional. Para celebralo, as 14 axencias, fondos e programas que formamos parte da ONU e temos presenza en España organizamos un evento moi especial.

 

A data? O sábado 24 de outubro, que coincide co Día de Nacións Unidas. O lugar? O Centro Conde Duque de Madrid. Alí poderás gozar de exposicións, debates e até un acto simbólico que inclúe moitos, moitos globos. Todo enmarcado na iniciativa Nacións Unidas, un barrio global.
 
Dende UNICEF Comité Español quixemos participar nesta ocasión tan significativa cunha exposición fotográfica na que poderás facer un percorrido polos dereitos dos nenos e lembrar a necesidade de protexelos. 
 
Ademais, a nosa Embaixadora,Teresa Viejo, moderará un encontro coa sociedade civil no que representantes de organizacións sociais, sindicais, empresariais, así como ONG de desenvolvemento, compartirán a súa visión sobre os 70 anos da ONU e o seu futuro.

MANUELA CARMENA ACUDIRÁ Ao ACTO POLo 70 ANIVERSARIO DA ONU

Se te pasas por Conde Duque, poderás compartir os teus desexos para construírun mundo mellor. Pola tarde, estas mensaxes lanzaranse atados en globos que se soltarán de forma simbólica no patio central. A esta actividade acudirá, entre outros, aalcaldesa de Madrid, Manuela Carmena.
 
Durante a xornada, tamén poderás ver como son as tendas de campaña que ACNUR ofrece aos refuxiados que foxen da violencia epersecución, así como unha mostra dos sacos de comida que reparte o Programa Mundial de Alimentos.

70 ANIVERSARIO DA ONU: UNhA ACTIVIDADe PERFECTA PARA IR CON NenOS

Gustaríache explicarlle aos teus fillos que é e que fai Nacións Unidas? Esta pode ser a ocasión perfecta, xa que nenos e maiores poderedes ver cos vosos propios ollos como traballa esta organización nosdistintos países do mundo.
 
Ademais, é un bo momento para falarlle aos teus fillos de temáticas como apobreza, a fame, aeducación e a igualdade dun forma gráfica e sinxela. Animate e pásache o sábado polo Centro Conde Duque!