A infancia como protagonista nos programas Luar e Aquí Galicia da Televisión de Galicia (TVG)
No marco da #SemanacoaInfancia da CRTVG e a campaña de UNICEF #PorTodosMisCompañeros
22/11/2019
Luar e Aquí Galicia da TVG realizan esta noite programas especiais cos nenos e nenas como protagonistas, no marco da IX edición da Semana coa Infancia da Compañía de Radio Televisión de Galicia (CRTVG) e da nosa campaña #PorTodosMisCompañeros.
Desde UNICEF queremos conseguir que todos os nenos medren sans e fortes, que teñan acceso a unha educación gratuíta e de calidade, e protexer ás nenas e os nenos que están expostos á explotación, o abuso ou a violencia.
Por iso, hoxe venres 22, en Luar, da man de Gayoso e coa colaboración especial da amiga de UNICEF Comité Galicia Lucía Regueiro, trasladarase á audiencia galega porque o cambio climático é unha ameaza sen precedentes para a infancia; a importancia do deporte como ferramenta para a inclusión; como traballamos para loitar contra a desnutrición aguda ou a situación que viven millóns de nenos migrantes e refuxiados no mundo.
Mañá sábado 23, o programa de tarde Aquí Galicia trasladará como, desde a contorna familiar e escolar, pódese previr o acoso escolar e o ciberacoso, prácticas cada vez máis estendidas entre os adolescentes galegos. Tamén contará como os nenos e nenas en Galicia exercen o dereito á participación e opinan sobre aquelas cuestións que lles afectan; o apoio que todos os galegos estamos a brindar á infancia e adolescencia de Cuba no ámbito educativo; como traballamos no terreo da saúde no campamento de refuxiados rohingya en Bangladesh, ou o apoio que brindamos para a reintegración e reinserción na sociedade de nenos e nenas que viviron recrutados polas forzas armadas.
OConvidámosvos a colaborar na #SemanacoaInfancia de CRTVG e UNICEF enviando un SMS coa palabra AXUDA ao 28028 ou a través da web Portodosmiscompaneros.es
IMPORTE DO SERVIZO DE SMS 1,2€ ÍNTEGROS PARA UNICEF. Movistar, Vodafone, Orange, Amena, Euskaltel e Yoigo. Operado por UNICEF. N.atn.clte: 902228028, sms unicef.es. Info. le