Aberto o prazo de matriculación do Máster online en Dereitos e Políticas de Infancia no Ámbito Local
Xa está aberto o prazo de matriculación para o Máster online en Dereitos e Políticas de Infancia no Ámbito Local e para os diplomas de especialización organizados por UNICEF Comité Español e a Universidade Pablo de Olavide, dentro da iniciativa Cidades Amigas da Infancia (CAI).
Nesta primeira edición, que foi posible grazas ao financiamento daAxencia Andaluza de Cooperación Internacional para o
Desenvolvemento (AACID),
ofértase un Máster de 60
créditos ECTS e
10 meses de duración (xuño 2015 - abril 2016), edous diplomas de especialización de 30 créditoscada un.
No caso do Máster hai 12 prazasdispoñibles e 20 prazas en cada un dos dous
diplomas.
Os contidos fundamentais doMáster en Dereitos e Políticas de Infancia no Ámbito
Local e de ambos os dous Diplomas de especialización:
- Abordarán o coñecemento da lexislación nacional e autonómica referente aos dereitos da infancia, así como os fundamentos do sistema de protección á infancia e a súa concreción a nivel nacional e autonómico.
- Realizarán unha reflexión sobre as institucións e mecanismos encargados do seguimento e avaliación dos dereitos da infancia.
- Analizarán as estratexias de promoción e defensados dereitos da infancia.
- Afondarán no coñecemento dos fundamentos básicos e as ferramentas da educación para o desenvolvemento e os dereitos da infancia.
O programa está dirixido a persoas tituladas, graduadas ou con titulación equivalente, preferentemente procedentes de
campos relacionados co traballo en infancia, aadministración ou o terceiro
sector.
O importe da matrícula do Másteré de 600 euros, e de 300 euros no
caso de ambos os dous diplomas. Hai dispoñiblesbolsas para aqueles solicitantes que cumpran
os requisitos establecidos, que poden alcanzar ata o 50% do importe total no caso
do Máster, e do 48% do total para os diplomas.
Máis información: na web daUniversidade Pablo de
Olavide ou
enviando un correo electrónico á direcciónandalucia@unicef.es