Abraham Mateo lanza unha canción polos nenos de Sirya
O cantante Abraham Mateo presentou Lánzalo, unha canción composta por el mesmo para os nenos de Sirya.
O singre Lánzalo xa está ávenda. Todos os fondos obtidos se destinarán a UNICEFpara apoiar o traballo da organización cos nenos e nenas que sofren o conflito de Sirya, do que se acaban de cumprir tres anos. Ademais simultáneamente estreouse ovideoclip da canción. Nel aparecen imaxes de nenos de Sirya e do traballo que se está a realizar tanto dentro do país como nos países veciños. Dentro de Sirya hai 4,2 millóns de nenos afectados polo conflito. Nos países próximos (Xordania, Líbano, Turquía, Iraq e Exipto) hai 1,2 millóns de nenos refuxiados.Todos eles sofren as consecuencias do conflito:falta de acceso a auga potable e saneamento axeitado, carencia desubministracións básicas para a súa supervivencia e abandono dos estudos. Esta canción solidaria está xa á venda en formatos físico e dixital, cun remix exclusivo. Todos os fondos obtidos pola venda de ambos os dous formatos se destinarán de forma íntegra ao traballo de UNICEF na crise de Sirya.Lánzalo está incluída no novo disco de Abraham Mateo, AM, e foi composta polo propio cantante. El considéraa "acanción máis especial do disco" porque lle fai "moita ilusión poñer o meu granito de area para axudar aos nenos e nenas nun drama como o de Sirya, cunha organización á que coñezo dende que era pequeno,".
O obxectivo do cantante é "facer ver a xente que se todos poñemos o noso gran de area podemos axudar moita xente. Non deixemos de facelo por moi pequeno que creamos que é o noso xesto". O cantante pediu que todos axudemos aosnenos de Sirya porque "son o futuro". A responsable de Cooperación e Emerxencias de UNICEF Comité Español, Carmen Molina, declarou a importancia deste tipo de colaboracións: "queremos dar as grazas aAbraham, o seu equipo e as súas fans por este apoio, que nos axudará a seguir traballando dentro de Sirya e nos campos de refuxiados,". Coa colaboración de todos UNICEFpoderá seguir traballando dentro e fóra de Sirya cos nenos que levan xa tres anos sufrindo o horror e a barbarie deste conflito. A canción foi presentada no hotel Gran Meliá Fénix, da cadea Meliá Hotels International, aliada deUNICEF na loita pola protección da infancia.