Acción de UNICEF: de Somalia a Dadaab

Por Raquel Fernández, Directora de Comunicación de UNICEF España.

Dadaab, 6 de outubro de 2011

O maior campo de refuxiados do mundo, Dadaab, está a uns 90 quilómetros da fronteira con Somalia. Estableceuse hai máis de 20 anos con capacidade para 90.000 persoas, para acoller aos refuxiados somalíes que fuxían da guerra e a fame. Agora volven fuxir da guerra e a fame, e nos campos de Dadaab xa hai máis de 400.000 refuxiados.
 

Na súa fuxida de Somalia, camiñan durante 2, 3 ou máis semanas até conseguir entrar en Kenya. Os que o conseguen, chegan nunhas condicións difíciles ou extremas até a localidade de Liboi, xa en Kenia. A poboación desta aldea e un centro médico préstanlles axuda.UNICEF subministra a este centro médico suplementos alimentarios e alimentación terapéutica.

Desde Liboi atéDadaab aínda quedan uns 70 quilómetros nos que as condicións de seguridade son imprevisibles, de feito rexistráronse incidentes con vítimas mortais. A Organización Mundial de Migracións e UNICEF trasladan a refuxiados sempre que as autoridades kenyanas permiten o acceso á estrada. Até agora conseguiuse trasladar nestes camións a 20.000 persoas até Dadaab, a pesar de que o servizo se interrompe algúns días, atendendo ás indicacións das autoridades e de Nacións Unidas. Durante a última semana non se puido realizar este servizo durante 3 días.
 

Para quenes seguen a pé, o camiño é duro. UNICEF  habilitou depósitos de auga nas proximidades da estrada para que os refuxiados teñan auga nos []

seus últimos kilómetros.Unha vez en Dadaab teñen refuxio, comida, auga e servicios médicos. O gran obxectivo das axencias de Nacións Unidas é lograr estender a axuda humanitaria de forma masiva, non só até Liboi, senón até Somalia, onde millóns de persoas están atrapadas na fame . Até o momento, UNICEF traballa en Somalia a través dunha rede local de ONG coas seguintes accións:
 
  • Subministracións a 800 centros de nutrición (500 deles no Sur, a zona mais castigada pola fame ). A cobertura vai en aumento, co obxectivo de chegar aos nenos de 200.000 familias ao mes durante os próximos seis meses.
     
  • Acceso a auga e saneamento para 1,8 millóns de persoas nos centros de atención terapéutica ambulatoria.
     
  • Espéranse choivas por baixo do habitual, despois dunha prolongada seca. UNICEF traballa en plans de continxencia para minimizar as consecuencias nas xa pobres colleitas.