Aden, unha historia de esperanza e supervivencia
Hai seis semanas, Aden, de 3 anos, chegou ao centro de nutrición do campamento de Hagadera, Dadaab (Kenya) a punto de morrer. Camiñara durante 25 días a pé dende Somalia nunha viaxe na que a súa nai, debilitada, perdeu a vida. Hoxe, grazas ao tratamento proporcionado no centro apoiado por UNICEF, Aden está completamente recuperado e xoga xunto ao seu pai, Abdile, que en ningún momento se separou do seu lado.
Timothy Wachira é o enfermeiro que admitiu aAden no centro de nutrición, administrado polo Comité Internacional de Rescate. "Estaba moi mal", afirma. "Estaba moi deshidratado e tiña vómitos, diarrea e tose".Abdile, o seu pai, non se moveu en ningún momento do centro de nutrición, onde os médicos e nutricionistas trataban o seu fillo con antibióticos, leite terapéutico ealimentos. "Estaba só día e noite. Non tiña nin sequera roupa para cubrilo, recordaAbdile. Despois dun mes de tratamento, Adenmellorou e a súa familia estableceuse nas tendas de campaña que albergan miles de refuxiados somalís na área. A vida segue sendo difícil, pero Abdile está agradecido de que o seu fillo sobrevivise. Nas fotografías daqueles primeiros días no centro de nutrición, apenas pódese recoñecer a Aden como o neno que agora corre arredor do seu pai, do quen non se separa.
16.000 nenos necesitan apoio nutricional nos campamentos
[]
Aden e unha infinidade doutros nenos emprenderon esta longa viaxe, fuxindo da seca, da inseguridade e da fame no sur e centro de Somalia. Gran parte dos nenos que chegan aos campamentos de refuxiados deDadaab están desnutridos. UNICEF e os seus aliados estiman que en torno a16.000 nenos necesitan apoio nutricional, ao que se une a grande ameaza dos brotes de enfermidades, como o sarampelo e a diarrea.
Cada día chegan máis refuxiados aos campamentos
UNICEF proporcionou leite terapéutico e comida a máis de5.000 nenos como Aden nos centros de nutrición deDadaab no último mes. Ademais, UNICEF está a promover a vacinación contra o sarampelo e a diarrea e está a traballar cos aliados para promover a educación en hixiene. A pesar das dificultades que enfrontan, o pai de Aden, mantén a esperanza polos seus fillos, a esperanza de que pronto irán á escola.