Agora NON podemos parar: 5 innovacións que cambian a vida de miles de nenos
A historia demóstranos que unha aparentemente pequena innovación pode marcar unha gran diferenza na vida dos nenos e que as mellores solucións non teñen por que custar tanto ou implicar tecnoloxía complicada.
Traémosche algúns exemplos de pequenas innovacións que cambiaron vidas, pero podes encontrar moito máis no noso informe Estado Mundial da Infancia 2015: reimaxinar o futuro.
1. Sales de rehidratación oral: Un pequeno paquete de sales e minerais converteuse nunha das armas máis poderosas na loita contra a mortalidade infantil. A deshidratación e a diarrea aguda poden rematar coa vida dun neno en cuestión de horas, pero os sales de rehidratación oral diluídos en auga limpa poden reverter rapidamente a perda mortal de fluídos esenciais. Así que moitos adultos están vivos hoxe porque estes sales lles salvaron a vida cando eran nenos.

2. Unha bomba de auga deseñada por un mecánico indio autodidacta: Tras a desvastadora crise da auga na India en 1976, dende UNICEF diriximos o desenvolvemento dunha bomba manual de fabricación local, a India Mark II. Este invento duradeiro e doado de manter (conmemorado neste selo da República Centroafricana) levou a auga limpa a millóns de familias e nenos.

4. Compra masiva de vacinas: Como o maior comprador mundial de vacinas -2,8 millóns de dose en 2013-, dende UNICEF temos a capacidade de comprar a escala, mover os mercados e reducir o prezo das vacinas infantís. Un exemplo: unha proxección de 500 millóns de dólares en redución de custos na nova vacina contra o rotavirus permitirá que 50 millóns de nenos máis sexan inmunizados contra a segunda causa de mortalidade dos nenos menores de cinco anos.

Innovacións e medidas sinxelas que salvan vidas son tamén as que propoñemos na nosa campaña contra a mortalidade infantil Agora NON podemos parar. Coñéceas e axúdanos a seguir salvando vidas.