Agora non podemos parar de salvar vidas: nos axudas a rematar coa mortalidade infantil?
A mortalidade infantil reduciuse case a metade dende 1990, pero a vida de millóns de nenos aínda depende de medidas tan sinxelas como ter vacinas, auga ou unha nutrición axeitada.
Aínda así, a pesar dos avances en supervivencia infantil, máis de 17.000 nenos morren cada día por causas que podemos evitar.
Por iso, dende UNICEF lanzamos a campaña Agora non podemos parar. Co importe dun SMS* podemos vacinar un neno e seguir contribuíndo a reducir a mortalidade infantil.
Agora non podemos parar: sobreviven aos 5 anos máis nenos que nunca antes na historia
Os índices de supervivencia infantil aumentaron radicalmente dende 1990, período durante o cal o número absoluto de mortes de nenos menores de cinco anos se reduciu a case a metade, pasando dos 12,7 millóns os 6,3 millóns ao ano.
Hoxe sobreviven máis nenos á idade de cinco anos que nunca antes na historia, grazas aos esforzos mundiais por evitar as mortes infantís previbles.
Para afrontar as necesidades de recursos da loita pola supervivencia infantil, poñemos en marcha a campaña Agora non podemos parar ata principios de 2015 para explicar as diferentes situacións que ameazan a supervivencia de millóns de nenos, os avances realizados e os grandes retos pendentes para seguir salvando vidas.
Calquera persoa pode contribuír ao traballo da organización en supervivencia infantil enviando un SMS* coa palabra UNICEF ao 28028 ou entrando en https://www.unicef.es/ahoranopodemosparar/
Agora non podemos parar: coñece a Iridé
O anuncio da campaña, na voz de Toni Garrido, foi rodado en Burundi e está protagonizado por Iridé, un neno de dous anos que padecía unha infección respiratoria e que se recuperou por ter acceso aos medicamentos que necesitaba. O anuncio reflicte que co custo dun SMS (1,20 euros íntegros para UNICEF) se pode salvar a vida dun neno con medidas sinxelas como a vacinación.
A pneumonía, a diarrea e a malaria seguen sendo as principais causas de mortalidade infantil. Enfermidades que se poden previr doadamente cunha vacina, unha mosquiteira ou acceso a auga potable.
O uso de mosquiteiras prevén nun 20% a mortalidade infantil por causa da malaria. En 2013, UNICEF repartiu máis de 30 millóns de mosquiteiras para protexer os nenos e as súas familias contra esta enfermidade.
A desnutrición está detrás de preto da metade das mortes infantís que se producen en todo o mundo. Con esforzos de prevención e cun tratamento axeitado moitas destas vidas pódense salvar. En 2013, UNICEF proporcionou tratamento contra a desnutrición aguda grave a 2,4 millóns de nenos en emerxencias.
O acceso a auga potable prevén as enfermidades diarreicas que causan 567.000 mortes de menores de cinco anos cada ano. En 2013, UNICEF contribuíu a que 24,3 millóns de persoas tivesen acceso a auga potable en emerxencias.
Agora non podemos parar: por que podemos rematar coa mortalidade infantil?
Traballamos cunha ampla rede de aliados, dende os que toman as decisións a todos os niveis ata as comunidades locais e as familias en máis de 150 países en desenvolvemento con equipos profesionais e estables en programas a longo prazo que cada ano salvan a vida de miles de nenos.
*IMPORTE Do SERVICIO DE SMS 1,20€ ÍNTEGRO PARA UNICEF. Válido para Movistar, Vodafone, Orange, Yoigo e Euskaltel. Número sen fins comerciais. Operado por UNICEF. N.atn.clte: 902228028, sms@unicef.es. Información legal y protección de datos: www.unicef.es